Un repaso semanal ás novidades da Axencia
Esta é a primeira edición da
Vivimos nun mundo en que estar ao día constitúe un reto. Por este motivo, as administracións públicas temos que ofrecer aos cidadáns a posibilidade de acceder de forma sinxela a toda a información que lles poida interesar. No ámbito tributario, tan cambiante, aínda é máis necesario, de aí esta nova iniciativa da Axencia Tributaria.
Dispor dunha páxina web / sede electrónica que permita localizar con facilidade os novos contidos e contar con sistemas de alerta de novidades son fórmulas útiles para este propósito divulgativo, que agora se ven complementadas polo lanzamento dunha
A
No apartado sobre novidades destacadas incluirase información sobre cambios normativos e procedimentales, tramites e prazos tributarios, criterios administrativos e outros contidos relevantes de recente incorporación á páxina web / sede electrónica.
Tamén se incluirán as notas de prensa que a Axencia Tributaria difundise nos días anteriores.
De igual forma, incluiranse as estatísticas tributarias de máis recente publicación.
Aínda que a
A
A aplicación do sistema tributario é unha tarefa colectiva. O cumprimento voluntario das obrigas fiscais pola gran maioría dos contribuíntes é unha realidade que facilita que os ingresos tributarios aseguren o sostemento do Estado de benestar. A Axencia Tributaria, en colaboración co resto das administracións tributarias, debe facilitar o cumprimento voluntario con servizos de información e asistencia cada vez mellores e tamén, por suposto, debe desenvolver actuacións de prevención e control dos incumprimentos e da fraude fiscal.
A transparencia e a información á cidadanía en xeral e aos contribuíntes en particular son parte esencial do compromiso da Axencia Tributaria co cumprimento voluntario e a
Seguimos en contacto semana a semana.
Jesús Gascón Catalán
Director Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria