4.2.2. Como poden contestarme e que debo obter?
Pode responderse tanto por medio papel como por medio electrónico.
No caso de exercer o dereito por medio electrónico, este será o medio de resposta utilizado.
En calquera caso, o medio utilizado debe permitir acreditar o envío e recepción da resposta.
A información obtida será clara e incluirá:
- datos persoais cos que conta a Axencia Tributaria
- información concreta sobre os devanditos datos: finalidade, orixe/procedencia dos mesmos, destinatarios, prazo de conservación e decisións automatizadas.
Cómpre destacar que, aínda que o servizo é gratuíto, poderá cobrarse un canon se a interesada demanda máis dunha copia dos seus datos, tal e como se indica no apartado Custo.