4.4.4. Excepcións
- A supresión non procederá cando puidese causar un prexuízo a intereses lexítimos do afectado ou de terceiros ou cando existise unha obriga de conservar os datos.
- Non procederá o dereito de supresión se o dato coincide co que consta nun expediente administrativo. Para proceder á supresión será necesaria a previa revisión do expediente polos medios legalmente establecidos, e se resultasen modificados, poderase considerar a supresión dos datos dos ficheiros informatizados.
- Nos casos en que, sendo procedente a supresión dos datos, non sexa posible a súa extinción física, tanto por razóns técnicas como por causa do procedemento ou soporte utilizado, o responsable do ficheiro procederá ao bloqueo dos datos, co fin de impedir o seu ulterior proceso ou utilización.
- Exceptúase, non obstante, o suposto en que se demostre que os datos foron recollidos ou rexistrados por medios fraudulentos, desleais ou ilícitos, en cuxo caso a supresión dos mesmos comportará sempre a destrución do soporte en que aqueles figuren.
No artigo 17.3 do Regulamento (UE) 2016/679, especifícase que non poderá exercerse o dereito á supresión cando o tratamento cumpra:
- para exercer o dereito á liberdade de expresión e información;
- para o cumprimento dunha obriga legal ou para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable;
- por razóns de interese público no ámbito da saúde pública;
- con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, ou
- para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Polo tanto, e baseandose nos artigos 17.3.b, 17.3.d e 17.3.e, a Axencia Tributaria poderá denegar o exercicio do devandito dereito.