4.5.4. Excepcións
O artigo 22 do Regulamento UE 2016/679 exclúe o dereito de oposición no caso de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, cando estean autorizadas polo Dereito da Unión ou dos Estados membros que se aplique ao responsable do tratamento e que estableza así mesmo medidas axeitadas para salvagardar os dereitos e liberdades e os intereses lexítimos do interesado, como é o caso da Axencia Tributaria.
Adicionalmente, o artigo vixente 23.3 da Lei Orgánica 15/1999, axeitado ao novo Regulamente, establece que “Os responsables dos ficheiros da Facenda Pública poderán, igualmente, denegar o exercicio dos dereitos a que se refire o apartado anterior [acceso, a rectificación ou cancelación] cando o mesmo obstaculice as actuacións administrativas tendentes a asegurar o cumprimento das obrigas tributarias e, en todo caso, cando o afectado estea sendo obxecto de actuacións inspectoras”.