4.6.2. Como poden contestarme e que debo obter?
Pode responderse tanto por medio papel como por medio electrónico.
No caso de exercer o dereito por medio electrónico, este será o medio de resposta utilizado.
En calquera caso, o medio utilizado debe permitir acreditar o envío e recepción da resposta.
A contestación consistirá nunha comunicación ao interesado indicando que se vai a limitar o tratamento dos datos sobre os que se realizou a petición ou ben se motivará a denegación do devandito dereito.