Ampliación vixencia uso de certificados electrónicos caducados
En relación á medida adoptada de acordo co previsto no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, para permitir o uso de certificados electrónicos caducados pola situación provocada pola COVID-19, infórmase de que, co obxectivo de dar tempo a regularizar os certificados electrónicos na situación actual, onde se debe reducir a capacidade de atención presencial para garantir o distanciamento social, e que todos os contribuíntes que se encontren nesta situación poidan proceder á renovación dos seus certificados electrónicos, se permitirá o uso destes certificados na Sede electrónica da Axencia Tributaria ata o 31 de xullo.
É posible que o seu navegador habitual non llo permita, en cuxo caso deberá proceder a modificar a data do sistema a unha data anterior á caducidade para que poida utilizalo.
Se ten dúbidas sobre cuestións técnicas informáticas, pode chamar os seguintes teléfonos:
Teléfono: 901 200 347 ou 91 757 57 77.
Para información en catalán: 93 442 27 64