Xuño 2020
Publicada no BOE a Orde HAC/565/2020, do 12 de xuño, que aproba os modelos de declaración do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, para os períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
Publícase a versión Simulador de Sociedades web 2019, tamén denominada versión “OPEN”.
O Simulador é unha versión de Sociedades Web dispoñible en Sede electrónica da AEAT, diferente da versión que utiliza o contribuínte para presentar o Modelo 200.Unha das diferenzas máis importantes consiste en que, no caso da versión simulador, é accesible sen autenticación, é dicir, sen certificado electrónico.