Maio 2020
Modifícase o prazo de ingreso en período voluntario dos recibos do Imposto sobre Actividades Económicas do exercicio 2020 relativos ás cotas nacionais e provinciais.O novo prazo comprende dende o 16 de setembro ata o 20 de novembro de 2020, ambos os dous inclusive.
Atención telefónica na Campaña da Renda 2019:Dende que teléfonos o pode chamar a Axencia Tributaria?
Recordámoslle que a Axencia Tributaria só lle pode chamar en relación coa Campaña da Renda se vostede solicitou previamente unha Cita previa a través de calquera das canles dispoñibles para iso.Cando a Axencia Tributaria se dirixa a vostede, farao exclusivamente a través destes números de teléfono:910506310, 914539170, 914539197 y 917618662
Recomendámoslle que incorpore estes números de teléfono á súa axenda para identificar as chamadas da Axencia Tributaria.Non atenda chamadas doutros números de teléfono, chamadas ocultas ou mensaxes en aplicacións móbiles de mensaxería como WhatsApp, Telegram, etc., nos que se identifiquen como da Axencia Tributaria en relación coa Campaña da Renda.Non faga caso, porque seguro que lle están a intentar enganar.
Apróbase o Real Decreto-lei 17/2020, do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-2019.
Habilítase un procedemento para a presentación do modelo 030, de forma non presencial, durante a vixencia do estado de alarma, por motivos distintos á solicitude de NIF .