Atención telefónica na Campaña da Renda 2019: Dende que teléfonos o pode chamar a Axencia Tributaria?
Recordámoslle que a Axencia Tributaria só o pode chamar en relación coa Campaña da Renda se vostede solicitou previamente unha cita previa a través de calquera das canles dispoñibles para tal fin. Cando a Axencia Tributaria se dirixa a vostede, farao exclusivamente a través destes números de teléfono: 910506310, 914539170, 914539197 e 917618662
Recomendámoslle que incorpore estes números de teléfono á súa axenda para identificar as chamadas da Axencia Tributaria. Non atenda chamadas doutros números de teléfono, chamadas ocultas ou mensaxes en aplicacións móbiles de mensaxería, como WhatsApp, Telegram etc., nos que se identifiquen como da Axencia Tributaria en relación coa Campaña da Renda. Non faga caso, porque seguramente o estean a intentar enganar.