Simulador Sociedades Web 2019
Publícase a versión Simulador de Sociedades web 2019, tamén denominada versión “OPEN”.
O simulador é unha versión de sociedades web dispoñible na Sede electrónica da AEAT, diferente da versión que utiliza o contribuínte para presentar o modelo 200. Unha das diferenzas máis importantes consiste en que, no caso da versión simulador, é accesible sen autenticación, é dicir, sen certificado electrónico.
O simulador de sociedades web 2019 permite a importación de estados contables, a importación de ficheiro .200, así como cargar/gardar sesións de traballo de local (.ses).
Esta versión simulador non permite gardar sesións de traballo en servidor e, o que é máis importante, non permite a presentación do modelo 200, se ben se pode obter unha vista previa con marca de auga do devandito modelo.