Publicación de copia do informe do conflito nº 4. Retencións a conta do Imposto sobre a Renda de Non Residentes sobre intereses satisfeitos a unha entidade holandesa do Grupo
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte “SOCSL ESP".
O informe declara que concorren as circunstancias establecidas no artigo 15.1 da Lei Xeral Tributaria en relación coas operacións de retencións a conta do Imposto sobre a Renda de Non Residentes derivados do pagamento de intereses financeiros por un préstamo recibido dunha sociedade holandesa pertencente ao mesmo Grupo que o obrigado tributario, limitandose os efectos fiscais que deben ser regularizados á esixencia da retención aplicable no CDI con EUA nos períodos obxecto de comprobación.