Decembro 2021
Publícase a relación de Entidades presentadoras dos Informes de Transparencia correspondente ao exercicio 2020.
Encóntrase dispoñible o calendario do contribuínte para o exercicio 2022 en formato Calendar. En breve prazo publicarase tamén en formato HTML.
Modifícase o réxime económico e fiscal das Canarias e regúlanse prazos de renuncias e revogacións ao método de estimación obxectiva do IRPF e aos réximes especiais simplificados e da agricultura, gandaría e pesca do IVE, para o ano 2022.
Publicouse a Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.
Publícase a listaxe de debedores á Facenda Pública, de acordo co que se establece no art. 95 bis da Lei Xeral Tributaria.
Publicouse a Orde HFP/1430/2021, do 20 de decembro, pola que se aproba o modelo 237 "Gravame especial sobre beneficios non distribuídos por sociedades anónimas cotizadas de investimento no mercado inmobiliario. Imposto sobre sociedades. Autoliquidación" e determínase forma e procedemento para a súa presentación.
Entrará en vigor o día 3 de xaneiro de 2022 e será de aplicación para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Publícase a Memoria da Axencia Tributaria 2020, que detalla as principais actividades e resultados da institución no exercicio 2020.
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión Consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte “SOCSL ESP".
Publícase a relación de sociedades españolas con capitalización bolsista superior aos 1.000 millóns de euros a 1 de decembro de 2021.
No BOE do 14 de decembro publicouse a Orde HFP/1395/2021, do 9 de decembro, pola que se modifican a Orde EHA/3851/2007, do 26 de decembro, pola que se aproba o modelo 576 de autoliquidación do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte, e o modelo 06 de declaración do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte, exencións e non suxeicións sen recoñecemento previo, a Orde EHA/3012/2008, do 20 de outubro, pola que se aproba o modelo 347 de Declaración anual de operacións con terceiras persoas, así como os deseños físicos e lóxicos e o lugar, forma e prazo de presentación, a Orde HAP/2194/2013, do 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións, declaracións informativas, declaracións censuais, comunicacións e solicitudes de devolución, de natureza tributaria, e a Orde HAC/171/2021, do 25 de febreiro, pola que se aproba o modelo 05, "Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte. Solicitude de non suxeición, exención e redución da base impoñible", e determínanse o lugar, forma, prazo e o procedemento para a súa presentación.
Como fase final do proceso de implantación gradual da nova sede electrónica, o vindeiro 13 de decembro a Axencia Tributaria pechará definitivamente os dominios do portal e sede actual https://www.agenciatributaria.es e https://www.agenciatributaria.gob.es, que serán substituídos na súa totalidade pola nova sede electrónica https://sede.agenciatributaria.gob.es.
Publicouse a Orde HFP/1351/2021, do 1 de decembro, que contén modificacións normativas destinadas a actualizar a información tributaria relativa ás obrigas informativas.
Desenvólvense para 2022 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime especial simplificado do IVE.