Xaneiro 2021
No BOE do 18 de xaneiro publicouse a Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización e funcións da Área de Informática Tributaria.
Continuando o desenvolvemento aprobado pola Orde HAC/1324/2020, do 30 de outubro, pola que se modifica a Orde do 2 de xuño de 1994, pola que se desenvolve a estrutura da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e a Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, pola que se modifica a Orde PRE/3581/2007, do 10 de decembro, pola que se establecen os departamentos da Axencia Estatal de Administración Tributaria e se lles atribúen funcións e competencias, apróbanse as resolucións que se indican máis embaixo polas que se procede á nacionalización de certas competencias nas áreas de Xestión Tributaria, Recadación e Aduanas e Impostos Especiais.
Continuando co desenvolvemento establecido pola Orde HAC/1324/2020, do 30 de outubro, pola que se modifica a Orde do 2 de xuño de 1994, pola que se desenvolve a estrutura da Axencia Estatal de Administración Tributaria, publicouse a Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
O BOE publica a revisión e actualización dunha serie de ordes en materia de estrutura e organización da Axencia Tributaria, que decontado terán o conseguinte desenvolvemento mediante varias resolucións da Axencia, que tamén aparecerán publicadas no BOE.