Febreiro 2021
Publicouse o Convenio entre o Reino de España e o Xapón para eliminar a dobre imposición en relación cos impostos sobre a renda e previr a elusión e evasión fiscal e o seu Protocolo, feito en Madrid o 16 de outubro de 2018.
Dada a súa relevancia, infórmase sobre o criterio ditado polo Tribunal económico administrativo central (TEAC) en relación coa base impoñible do IVE e os descontos en vendas de automóbiles que, en parte, son sufragados pola entidade financeira que concede o financiamento.
Publícanse os deseños de rexistro actualizados do modelo 189 (Declaración Informativa. Valores, seguros e rendas) correspondentes ao exercicio 2020. Nestes deseños non se inclúe o campo “Nominal dos valores ”, tendo en conta que non é previsible a aprobación da modificación regulamentaria precisa antes do inicio do prazo de presentación do modelo.
Defínense o procedemento e as condicións para o pagamento de débedas mediante transferencias a través de entidades colaboradoras na xestión recadadora encomendada á Axencia Tributaria. Este procedemento unicamente poderá utilizarse por aqueles obrigados ao pagamento que opten por realizar o ingreso de forma non presencial e non dispoñan de conta da súa titularidade en ningunha entidade colaboradora da Axencia Tributaria e, en particular, cando este tipo de pagamentos se pretenda efectuar desde o estranxeiro. Unicamente será aplicable para determinadas operacións de pagamento e quedan exceptuadas diversas autoliquidacións. Será aplicable desde o día 15 de marzo de 2021.
A Comisión Europea estableceu un réxime de autorización previa para as exportacións de vacinas COVID-19 fabricadas na Unión Europea que estean cubertas por un Acordo Previo de Compra coa Unión Europea..
O réxime estará vixente desde o 30 de xaneiro de 2021 ata o 31 de marzo de 2021.