Criterio sobre o cálculo da base impoñible do IVE no caso de descontos na venda de automóbiles
Dada a súa relevancia, infórmase sobre o criterio ditado polo Tribunal económico administrativo central (TEAC) en relación coa base impoñible do IVE e os descontos en vendas de automóbiles que, en parte, son sufragados pola entidade financeira que concede o financiamento.
A resolución do TEAC nº 00/04177/2018/00/00, do 21 de outubro de 2020, de conformidade cos criterios sinalados polo TXUE nas súas sentenzas de 15-5-2001, asunto C-34/99, Primback e de 16-1-2014, asunto C-300/12, Ibero Tours, considera que os descontos concedidos polos concesionarios na venda de automóbiles financiados, sufragados pola entidade financeira, non minoran a base impoñible da venda dos vehículos, xa que o importe obtido polo concesionario é o mesmo tanto cando se subscribe a operación de financiamento como cando non é así.
No caso de financiamento, hai unha parte da contraprestación que se paga por un terceiro, neste caso, a entidade financeira, pagamento por un terceiro que ten que formar parte da base impoñible segundo resulta do artigo 78.Un da LIVE.
O anterior é independente de que exista unha labor de intermediación financeira do concesionario á que resulte de aplicación a exención conforme o artigo 20.Un.18º da LIVE.