Xullo 2021
Ás preguntas frecuentes publicadas o pasado 23 de xullo sobre a Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de evasión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo, incorpóranse novas preguntas en materia de recadación.
Preguntas frecuentes sobre a Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de evasión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo.
Xa se poden solicitar certificados de Renda do exercicio 2020. Así mesmo, as Administracións Públicas previamente autorizadas polos cidadáns ou en virtude da normativa correspondente, poderán solicitar directamente á Axencia Tributaria información de Renda do devandito exercicio.
A Axencia Tributaria lanza hoxe a súa nova páxina web que unifica o portal de información e a sede electrónica. Baixo unha nova estrutura e deseño, todos os servizos de información e trámites estarán a disposición dos contribuíntes. En todo caso, tanto o portal coma a sede actuais da Axencia seguirán polo momento sendo accesibles nos seus enderezos habituais.
Principais novidades tributarias introducidas pola Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de evasión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo.
No BOE do 10 de xullo publicouse a Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as prácticas de evasión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo.
Coincidindo co inicio do prazo xeral de presentación do Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, exercicio 2020, publicouse un portal que reúne todas as novidades e axudas para a campaña.