Resolucións sobre organización e atribución de competencias nas áreas de Xestión tributaria, Recadación, Aduanas e Impostos Especiais e Inspección da Axencia Tributaria
Continuando o desenvolvemento aprobado pola Orde HAC/1324/2020, do 30 de outubro, pola que se modifica a Orde do 2 de xuño de 1994, pola que se desenvolve a estrutura da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e a Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, pola que se modifica a Orde PRE/3581/2007, do 10 de decembro, pola que se establecen os departamentos da Axencia Estatal de Administración Tributaria e se lles atribúen funcións e competencias, apróbanse as resolucións que se indican máis embaixo polas que se procede á nacionalización de certas competencias nas áreas de Xestión Tributaria, Recadación e Aduanas e Impostos Especiais.
-
En Xestión tributaria de acordo con Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, nacionalízase a comprobación do Imposto sobre o Patrimonio por obriga real (os non residentes en España que teñan bens ou dereitos en España para os efectos do imposto). Búscase con iso conseguir unha maior operatividade nas actuacións.
-
En Recadación crearanse o Equipo Nacional de Alleamentos, ao obxecto de reforzar a homoxeneidade das actuacións, e o Equipo Nacional de embargos de diñeiro en contas abertas en entidades de crédito e de embargos de créditos vinculados a terminais de punto de venda (TPV) e a Unidade Nacional de Actuacións. Con iso preténdese crear unha unidade especializada en cada un destes ámbitos para gañar en seguridade xurídica, homoxeneidade de criterio, axilidade, operatividade e especialización. Estes órganos desenvolverán as súas competencias no ámbito nacional.
Do mesmo xeito, de acordo coa Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, en materia de recadación, introdúcense como competencias da área as relativas á análise de riscos mediante ferramentas informáticas e a selección de debedores. Preténdese concentrar ese labor, facilitando que as Delegacións Especiais se dediquen ás actuacións de control recadador específicas en cada expediente.
-
En Aduanas e Impostos Especiais, tras haberse atribuído, en virtude da Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, a competencia en materia de autorizacións aduaneiras a un órgano central cando na autorización teña que intervir outro ou outros Estados membros, nesta Resolución constitúese un órgano dependente do titular da Área, coa denominación Oficina Nacional de Xestión de Aduanas e Impostos Especiais, en que se integran esta competencia e as previstas en relación cos Impostos Especiais con iso perséguese gañar en flexibilidade e operatividade.
- Resolución de 13 de enero de 2021,
de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización y atribución de funciones en el ámbito de competencias del Departamento de Gestión Tributaria
- Resolución de 13 de enero de 2021,
de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización y atribuciones de funciones en el Área de Aduanas e Impuestos Especiales.
- Resolución de 13 de enero de 2021,
de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifica la de 24 de marzo de 1992, sobre organización y atribución de funciones a la Inspección de los Tributos en el ámbito de la competencia del Departamento de Inspección Financiera y Tributaria.