Ordes de estrutura e organización da Axencia Tributaria
O BOE publica a revisión e actualización dunha serie de ordes en materia de estrutura e organización da Axencia Tributaria, que decontado terán o conseguinte desenvolvemento mediante varias resolucións da Axencia, que tamén aparecerán publicadas no BOE.
As modificacións céntranse, basicamente, en dous aspectos. Por un lado, o Plan Estratéxico da Axencia Tributaria 2020-2023 recolle a necesidade de avanzar no proceso xa iniciado de rexionalización e nacionalización de determinadas funcións e competencias para reforzar a eficiencia das actuacións da Axencia. Doutra banda, introdúcense as modificacións de estrutura vinculadas cun dos proxectos máis relevantes incluídos no Plan Estratéxico, a creación das Administracións de Asistencia Dixital Integral (as ‘ADI’) coas que se desenvolverá un novo modelo de asistencia baseada en canles non presenciais, complementario do presencial tradicional, que permitirá unha mellor atención ao contribuínte, máis áxil, sinxela e de calidade.