Saltar ao contido principal

Principais novidades tributarias introducidas pola Orde de Módulos para 2023

Principais novidades tributarias introducidas pola Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.

IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS

Para o período impositivo 2022:

  1. Auméntase a redución xeral sobre o rendemento neto de módulos do 5 %ao 15 %para todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade de acordo co método de estimación obxectiva.

  2. A redución que se ten en conta para cuantificar o pagamento fraccionado correspondente ao cuarto trimestre do 2022 pasa do 5 %ao 15 %.

  3. As actividades agrícolas e gandeiras poderán reducir o rendemento neto previo:

    • No 35 %do prezo de adquisición do gasóleo agrícola

    • No 15 %do prezo de adquisición dos fertilizantes

    En ambos os dous casos, as adquisicións teñen que ser necesarias para o desenvolvemento das devanditas actividades, débense efectuar no exercicio 2022 e figurar documentadas en facturas emitidas no devandito período que cumpran os requisitos previstos no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

  4. O índice corrector por pensos adquiridos a terceiros establécese no 0,5 e o índice por cultivos en terras de regadío que utilicen, para tal fin, enerxía eléctrica no 0,75.

  5. Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas na Illa da Palma poderán reducir o rendemento neto de módulos correspondentes a esas actividades nun 20 %.

    Esta redución tera en contase para cuantificar o rendemento neto para os efectos do pagamento fraccionado correspondente ao cuarto trimestre de 2022.

Para o período impositivo 2023:

  1. Auméntase a redución xeral sobre o rendemento neto de módulos do 5 %ao 10 %para todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade de acordo co método de estimación obxectiva.

  2. A redución que se ten en conta para cuantificar os pagamentos fraccionados correspondentes a 2023 pasa do 5 %ao 10 %.

  3. As actividades agrícolas e gandeiras poderán reducir o rendemento neto previo:

    • No 35 %do prezo de adquisición do gasóleo agrícola

    • No 15 %do prezo de adquisición dos fertilizantes

    En ambos os dous casos, as adquisicións teñen que ser necesarias para o desenvolvemento das devanditas actividades, débense efectuar no exercicio 2023 e figurar documentadas en facturas emitidas no devandito período que cumpran os requisitos previstos no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

  4. O índice corrector por pensos adquiridos a terceiros establécese no 0,5 e o índice por cultivos en terras de regadío que utilicen, para tal fin, enerxía eléctrica no 0,75.

  5. Os contribuíntes que desenvolvan actividades económicas na Illa da Palma poderán reducir o rendemento neto de módulos correspondentes a esas actividades nun 20 %.

    Esta redución tera en contase para cuantificar o rendemento neto para os efectos dos pagamentos fraccionado correspondente ao 2023.

  6. As axudas directas desencaixadas da Política Agraria Común, (axuda básica á renda para a sostibilidade, axuda redistributiva complementaria á renda, réximes en favor do clima e do medio natural ou axuda complementaria para mozos agricultores) acumularanse aos ingresos procedentes dos cultivos ou explotacións do perceptor en proporción aos seus respectivos importes.

    Non obstante, cando o perceptor da axuda directa obtivese ingresos por actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda directa, por contía inferior ao 25 %do importe do total dos ingresos de tales actividades, o índice de rendemento neto a aplicar sobre as axudas directas será o 0,56.

  7. Os contribuíntes que desexen renunciar ou revogar a súa renuncia para o ano 2023 porán exercitar a devandita opción desde o día 2 de decembro ata o 31 de decembro do ano 2022.

Orden HFP/1359/2023, de 19 de diciembre,

por la que se desarrollan para el año 2024 el método de estimación objetiva del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y el régimen especial simplificado del Impuesto Sobre el Valor Añadido.