Decembro 2022
Publícase a relación de entidades presentadoras dos informes de transparencia correspondente ao exercicio 2021.
Publicouse no BOE do 28 de decembro de 2022 Real decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade.
Éxpónse as principais novidades tributarias introducidas pola Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2023, relativas ao Imposto sobre Sociedades, IVE, Imposto sobre Actividades Económicas e ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais.
Publicouse o Real decreto 1039/2022, do 27 de decembro, polo que se modifican o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, aprobado polo Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, e o Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.
Publicouse a Lei 38/2022, do 27 de decembro, para o establecemento de gravames temporais enerxético e de entidades de crédito e establecementos financeiros de crédito e pola que se crea o imposto temporal de solidariedade das grandes fortunas, e modifícanse determinadas normas tributarias.
Publicouse o Real Decreto-lei 20/2022, do 27 de decembro, de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína e de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade.
Publicouse no BOE do 22 de decembro a Lei 28/2022 de fomento do ecosistema das empresas emerxentes.
Infórmase de que o día 20 de decembro de 2022 adoptouse a Decisión Nº 1/2022 do Comité de Aduanas do Acordo de Libre Comercio entre a UE e Singapur, pola que se modifica o Protocolo 1 de Orixe do devandito Acordo de Libre Comercio.
Publicouse a Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023.
Encóntrase dispoñible o calendario do contribuínte para o exercicio 2023 en formatos HTML e Calendar.
O Real decreto 993/2022 polo que se adoptan medidas de control para a importación de aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) procedentes de terceiros países, con data de entrada en vigor o 16 de xaneiro do 2023, establece un control previo á importación destes produtos co fin de que os AEE cumpran as disposicións que lles sexan aplicables e para que, en calquera caso, estes aparellos non entrañen ningún risco para a seguridade dos usuarios, o medio natural ou outros intereses públicos, que será efectuado polo Servizo de Inspección SOIVRE.
A Lei 16/2012, do 27 de decembro, pola que se adoptan diversas medidas tributarias dirixidas á consolidación das finanzas públicas e ao impulso da actividade económica, somete a tributación, a través dun gravame especial, entre outros, os premios pagos correspondentes ás lotarías e apostas organizadas pola Sociedade Estatal Loterías y Apuestas del Estado (SELAE).
Publícase a Orde HFP/1246/2022, do 14 de decembro, pola que se aproba o modelo 480 de "Imposto sobre as primas de seguros. Declaración resumo anual" e determínase a forma e procedemento para a súa presentación, e modifícase a Orde EHA/3127/2009, do 10 de novembro, pola que se aproba o modelo 190 para a Declaración do resumo anual de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas sobre rendementos do traballo e de actividades económicas, premios e determinadas ganancias patrimoniais e imputacións de renda e modifícanse outras normas tributarias.
Publícase a Orde HFP/1245/2022, do 14 de decembro, pola que se modifica a Orde HAC/3625/2003, do 23 de decembro, pola que se aproba o modelo 309 de declaración-liquidación non periódica do Imposto sobre o Valor Engadido.
Publícase a relación de sociedades españolas con capitalización bolsista superior aos 1.000 millóns de euros a 1 de decembro de 2022.
Principais novidades tributarias introducidas pola Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2023 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.
Publicouse a Orde HFP/1192/2022, do 1 de decembro, que contén modificacións normativas destinadas a actualizar a información tributaria relativa ás obrigas informativas.
Información facilitada no calendario do contribuínte sobre declaracións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación finaliza en no mes de decembro.
Desenvólvense para 2023 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime especial simplificado do IVE.
A Axencia Tributaria pon en marcha unha aplicación de busca de inmobles e un servizo telefónico para facilitar a participación nos seus procedementos de poxa, que se publican a través do Portal do Boletín Oficial do Estado.