Adopción e prórroga de medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína. Real Decreto-lei 5/2023
No BOE do 29 de xuño publicouse o Real Decreto-lei 5/2023, do 28 de xuño, polo que se adoptan e prorrogan determinadas medidas de resposta ás consecuencias económicas e sociais da Guerra de Ucraína, de apoio á reconstrución da illa da Palma e a outras situacións de vulnerabilidade; de transposición de directivas da Unión Europea en materia de modificacións estruturais de sociedades mercantís e conciliación da vida familiar e a vida profesional dos proxenitores e os coidadores; e de execución e cumprimento do Dereito da Unión Europea.
Entre as medidas tributarias aprobadas destacan as seguintes:
- No Imposto sobre o Valor Engadido, prorrógase ata o 31 de decembro de 2023 o tipo do 0 %nos produtos de primeira necesidade (pan, leite, froitas e verduras, ovos, fariñas e queixos) e do 5 %en pastas alimenticias e aceites de oliva e de sementes. Non obstante, o tipo impositivo aplicable será o 4% para os produtos de primeira necesidade e do 10 %para as pastas alimenticias e aceites, a partir do día 1 do mes de novembro de 2023, no caso de que a taxa interanual da inflación subxacente do mes de setembro, publicada en outubro, sexa inferior ao 5,5 por cento.
- No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas créase unha dedución do 15 %para a compra dun vehículo eléctrico novo. Esta desgravación esténdese ata o 31 de decembro de 2024 e a súa base máxima de dedución establécese en 20.000 euros.
- No Imposto sobre Sociedades establécese unha amortización anticipada para a instalación de sistemas de recarga de baterías para vehículos eléctricos enchufables.
Este Real Decreto-lei establece ou prorroga axudas para sufragar o prezo de determinados produtos enerxéticos para empresas de transporte por estrada e para produtores agrarios, cuxa xestión se atribúe á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Para máis información, pódese consultar o texto íntegro do Real Decreto-lei nesta mesma páxina.
- Real Decreto-ley 5/2023, de 28 de junio,
por el que se adoptan y prorrogan determinadas medidas de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la Guerra de Ucrania, de apoyo a la reconstrucción de la isla de La Palma y a otras situaciones de vulnerabilidad; de transposición de Directivas de la Unión Europea en materia de modificaciones estructurales de sociedades mercantiles y conciliación de la vida familiar y la vida profesional de los progenitores y los cuidadores; y de ejecución y cumplimiento del Derecho de la Unión Europea.
- Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 5/2023