Prórroga de medidas para afrontar os efectos dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e novo medidas en materia fiscal, enerxética e social
No BOE de hoxe aprobouse o Real Decreto-lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e adóptanse medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.
Entre as novas medidas fiscais cómpre destacar as seguintes:
Rebaixa do IVE de alimentos
Mánténse a rebaixa do IVE dos alimentos básicos, permanecendo no 0 %no caso do leite, o pan, as fariñas, as froitas, as verduras, hortalizas, legumes, cereais, os queixos ou os ovos; ademais, o aceite de oliva pasará tamén a tributar ao 0 %.
Modifícase a Lei do IVE para incluír o aceite de oliva entre os alimentos básicos, de xeito que tributará posteriormente e de maneira permanente, no tipo superreducido (4 %).
As rebaixas do IVE dos alimentos pasarán por dúas fases ata recuperar os seus gravames normais: desde o 1 de xullo e ata o 30 de setembro manteranse os tipos do 0 %e 5%. A partir do 1 de outubro e ata o 31 de decembro o tipo do 0 %dos alimentos básicos situarase no 2 %e o do 5 %no 7,5 %.
Incentivos para favorecer a mobilidade eléctrica
Para favorecer a mobilidade eléctrica establécese a liberdade de amortización en vehículos novos FCV, FCHV, BEV, REEV ou PHEV (anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos) e en novas infraestruturas de recarga, tanto para os contribuíntes do Imposto sobre Sociedades como para os contribuíntes do IRPF que desenvolvan actividades económicas ás que se afecten vehículos e instalacións de recarga.
Elevación do mínimo exento de IRPF
O mínimo exento de IRPF pasa de 15.000 a 15.876 euros anuais.
Axudas á Palma
Prorróganse para 2024 os beneficios fiscais que xa se adoptaran para 2023.
- Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e adóptanse medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.(252 kB- pdf )
- Real Decreto-ley 4/2024, de 26 de junio,
por el que se prorrogan determinadas medidas para afrontar las consecuencias económicas y sociales derivadas de los conflictos en Ucrania y Oriente Próximo y se adoptan medidas urgentes en materia fiscal, energética y social.