Xuño 2024
Publícase a listaxe de debedores á Facenda Pública, de acordo co que se establece no art. 95 bis da Lei Xeral Tributaria.
No BOE de hoxe aprobouse o Real Decreto-lei 4/2024, do 26 de xuño, polo que se prorrogan determinadas medidas para afrontar as consecuencias económicas e sociais derivadas dos conflitos en Ucraína e Oriente Próximo e adóptanse medidas urxentes en materia fiscal, enerxética e social.
Información facilitada no calendario do contribuínte sobre declaracións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación finaliza no mes de xullo de 2024
Están dispoñibles os datos fiscais do Imposto sobre Sociedades (modelo 200) correspondentes ao exercicio 2023, tanto para a súa consulta como para a súa descarga. Tamén, está dispoñible o servizo de asistencia Sociedades WEB Open (Simulador), que permite revisar o traslado destes datos ao formulario e os resultados, en modo simulador, sen realizar a presentación.