Xuño 2025
Publícase a listaxe de debedores á Facenda Pública, de acordo co que se establece no art. 95 bis da Lei Xeral Tributaria.
Información facilitada no calendario do contribuínte sobre declaracións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación finaliza en xullo.
Aprobados os modelos de declaración do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, para os períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Están dispoñibles os datos fiscais do Imposto sobre Sociedades (modelo 200) correspondentes ao exercicio 2024, tanto para a súa consulta como para a súa descarga. Tamén está dispoñible o servizo de asistencia Sociedades WEB Open (Simulador), que permite revisar o traslado destes datos ao formulario e os resultados, en modo simulador, sen realizar a presentación.
Publicouse en Sede o novo servizo de axuda "Censos WEB" que, mediante preguntas sinxelas e unha navegación guiada, facilita ás persoas físicas a confección e presentación da declaración censual (modelo 036) para a alta inicial da súa actividade económica no censo de empresarios, profesionais e retenedores.