Presentación de declaracións por colaboradores sociais
A colaboración social na xestión tributaria permite a realización de múltiples xestións e actuacións por Internet en representación de terceiras persoas.
Os colaboradores sociais poden dar de alta a "delegados": persoas empregadas do colaborador, que poden utilizar o seu certificado de persoa física ou de empregado de empresa para actuar en nome de terceiras persoas.
Así, a presentación de declaracións en nome de terceiras persoas está habilitada tanto para o colaborador social coma para as persoas delegadas do devandito colaborador.
Certificados electrónicos para presentacións por colaboradores sociais
O colaborador social poderá utilizar certificados electrónicos de persoa física (se é persoa física), de representante de persoa xurídica (se é persoa xurídica) ou de Selo de Entidade (unicamente para comunicacións máquina a máquina).
Pola súa banda, a persoa delegada dun colaborador social poderá identificarse con certificado de persoa física de tipo persoal ou de empregado da entidade.
Presentación de autoliquidacións con importe a ingresar
A Orde EHAC 1433/2007, do 17 de maio, abre a colaboración social para a presentación, en nome de terceiros, dos modelos de declaración cuxa presentación telemática ímpónse con carácter obrigatorio, así como para dar traslado da Orde de domiciliación previamente comunicado ao Colaborador Social polos terceiros aos que representa, para os efectos do pagamento da débeda tributaria resultante da declaración.
Os colaboradores sociais poderán presentar declaracións de terceiros que supoñan un ingreso cando o pagamento se realice mediante domiciliación bancaria. Porén, para realizar o pagamento e obter o NRC, o ordenante do pagamento ten que ser o titular da conta, non sendo que dispoña de apoderamento por parte do obrigado (titular da conta) para o trámite específico PAGOAPODECC.
Cando existe este apoderamento débese marcar o recadro "Pagamento con apoderamento na conta do obrigado ".
No caso de que non se rexistrase apoderamento para efectuar o pagamento cómpre que a conta indicada pertenza ao titular do certificado empregado.
Se se opta por presentar xunto á declaración a correspondente solicitude de adiamento ou fraccionamento de débedas, o trámite tamén poderá realizaro un colaborador social que teña subscrito o correspondente acordo de colaboración coa AEAT.