Funcionamento e manexo da Plataforma Informativas (última versión)
Saltar índice da informaciónAlta dunha declaración na Plataforma Informativa
Tras descargar a Plataforma Informativa, deberás agregar os modelos de declaración que sexan necesarios. Se tes dúbidas sobre como incorporar os modelos, consulta a nosa axuda técnica sobre como agregar os modelos de declaracións informativas á Plataforma de Informativas.
Unha vez agregados os modelos necesarios, abre o modelo co que queres traballar. Podes abrir o modelo desde o menú da parte superior "Arquivo", "Abrir modelo", ou ben utilizar a icona correspondente do menú de iconas ("Abrir Modelo"). Selecciona o modelo que vas utilizar e pulsa o botón "Abrir". Tamén se pode acceder ao modelo desde o menú "Arquivo", onde se mostran os últimos modelos cos que se traballou.
Na pestana "Declaracións" aparecerán as declaracións dadas de alta nunha listaxe (estará en branco se aínda non existe ningunha). Na parte superior esquerda móstranse unha serie de iconas: o que representa unha folla en branco ("Nova declaración") permite crear unha nova declaración. Ou tamén, desde a barra de menú "Modelo XXX", "Nova declaración". Fai click sobre o modelo e a pantalla dividirase en dous partes.
Na parte dereita, abriranse diferentes pestanas dependendo do modelo seleccionado. A pestana "Declarante" é común a case todos os modelos, pero existirán pestanas con nomes distintos segundo o caso (por exemplo, "Perceptores e percepcións" no modelo 190 ou "Declarante", "Operacións" e "Rectificacións" no 349). Deberás introducir os datos necesarios nas pestanas que correspondan a cada modelo.
Unha vez cumprimentada e validada a declaración, na opción "Presentar declaración", poderás xerar un ficheiro para a súa posterior presentación.
Para que apareza habilitada a opción "Presentar declaración" cómpre seleccionara na pestana "Declaracións". Na barra de ferramentas da pestana "Declaracións", localiza a sexta icona (identificado por unha bóla do mundo e unha carpeta). Tamén podes facer clic co botón dereito sobre a declaración que queiras obter e utilizar a opción "Presentar declaración", ou ben acceder ao menú "Utilidades", "Presentar declaración...".
Ademais da obtención do ficheiro para a presentación electrónica de declaracións con certificado electrónico, dependendo do modelo e do exercicio, é posible obter a declaración para a presentación mediante o sistema de identificación electónica Cl@ve e obter a predeclaración validada polos servizos da AEAT en Internet.
Para consultar a información sobre as distintas formas de obtención de declaracións segundo o modelo, fai clic na ligazón "na axuda da Plataforma "que aparece no asistente.
Tras pulsar "Seguinte", no asistente para a obtención da declaración só aparecerán activadas as opcións de presentación posibles segundo o modelo e contido da declaración.