Funcionamento e manexo da Plataforma Informativas (última versión)
Saltar índice da informaciónConsultar e imprimir resultados de buscas. Plataforma Informativa
O deseño da xestión das consultas permite realizar estas nun asistente de poucos pasos, establecer criterios de filtrado para todos os campos de forma permanente, obter totais para todos os importes dos rexistros que cumpran os criterios de filtrado e obter unha impresión da declaración calquera que sexa o seu estado.
O asistente para consultas está dispoñible no menú da parte superior "Utilidades", "Consultas". Cómpre introducir os criterios de busca para obter o resultado.
A pantalla final mostra os resultados da consulta e permite realizar tres accións:
-
Imprimir o resultado da consulta mediante a opción "Imprimir", xerando un PDF que ten por defecto o nome "CONSULTAXXX20160A.pdf, onde XXX fai referencia ao modelo. Non obstante, ao xeraro pódense modificar o seu nome e a súa situación.
-
Trasladar os datos a un arquivo Excel mediante a opción "Exportar", identificada coa icona dunha folla e a palabra "CSV". A este arquivo se lle asigna por defecto o nome consulta _2016mmddhhmmss.csv.
-
Editar un rexistro para os declarados seleccionados mediante a opción "Corrixir", na parte de embaixo da xanela.
No referente á impresión completa da declaración, hai que ter en conta que a icona da impresora, situado na esquina superior dereita da pestana "Declarante", imprime só un BORRADOR ou "Listaxe resumo da declaración ". A opción xera un PDF marcado con "NON VÁLIDO para a súa presentación" para evitar presentacións en papel cando non sexa posible esa opción, pero non impide a consulta do documento como borrador.
Se a declaración xa foi presentada electronicamente, pódese obter tamén unha copia electrónica completa da declaración presentada desde a Sede Electrónica.
Podes obter máis información sobre as consultas na Plataforma Informativa accedendo ao menú da parte superior "Axuda", "Axuda plataforma", na carpeta "Obtención de declaracións" e na opción "Consultas".