Modelos do 199 ao 289
Saltar índice da informaciónModelo 231. Comunicación previa á presentación
Antes de presenar a declaración do modelo 231 cómpre que presentes a comunicación previa cos datos requiridos desde a páxina web utilizando o acceso "Modelo 231. Comunicación previa á presentación ".
O acceso está dispoñible con Cl@ve, certificado ou DNIE. Ademais do propio titular da declaración tamén pode presentara un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
Cobre os campos requiridos, entre os que se encontra o asunto, tipo de presentación (en nome propio ou en representación de terceiros) datos de contacto, teléfono e adicionalmente un correo electrónico.
A continuación, o resto de datos da declaración. Lembra que se presentas a comunicación en representación doutras entidades do grupo residente en territorio español deberás incluír a identificación de cada unha delas .
Cobre os datos da "Identificación do grupo empresarial internacional", "Identificación da entidade obrigada a presentar a información país por país".
No apartado "Identificación do resto de entidades do grupo "podes optar por cubrir a listaxe das outras entidades do grupo incluíndo o seu NIF en cada unha dos recadros ou importar un ficheiro .txt coa listaxe de NIFs separados polo carácter punto e coma (";") permitindo 20 NIFs por liña.
Unha vez cumprimentados os apartados pulsa "Presentar".
Pasarás á seguinte xanela "Sinatura e envío da solicitude "cos datos que has cumplimetado. Revisa toda a información facilitada e se non se detectan erros fai clic en "Asinar e Enviar".
A continuación, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e enviar".
Obterás o "Recibo de presentación" cos datos da presentación da comunicación previa, en que encontrarás o Código Seguro de Verificación e unha ligazón á descarga do PDF facendo clic en "Ver en formato imprimible".