Modelos do 199 ao 282
Saltar índice da informaciónModelo 233 Presentación da declaración
O acceso á presentación do modelo 233 pode realizarse con certificado electrónico ou DNI electrónico e, se o obrigado tributario é persoa física, tamén con Cl@ve.
Ademais do titular da declaración, a presentación pode realizara un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite xeral ou o trámite específico, GI45P.
Ao acceder aos trámites do modelo 233, un aviso informa de que esta declaración informativa é de uso exclusivo para os titulares dos centros educativos e non debe ser presentado polos pais ou titores.
Na xanela inicial "Cubrir a solicitude" consigna o NIF do declarante e o exercicio da declaración.
Se o obrigado tributario é persoa física cobre os apelidos e nome. Se é unha persoa xurídica ou unha entidade en réxime de atribución de rendas cobre a "Denominación ou Razón social". Pulsa o botón "Presentar" para continuar coa formalización da declaración.
A declaración contén os seguintes apartados:
Declarante
Cárganse os datos do declarante consignado previamente (non modificables neste punto) e deberás indicar todos os datos de contacto da persoa a quen dirixir calquera tipo de información relativa á tramitación da declaración
Rexistro do declarado
Podes optar pola inclusión dos declarados a través do formulario, cubrindo os datos de todos os campos marcados con asterisco.
O "Identificador" é un campo a elección do declarante, que debe ser único, xa que, unha vez utilizado, non pode volver usarse no exercicio a que se refire a declaración. Ademais, teñén quese consignar NIF e nome e apelidos da nai ou persoa que teña a garda e custodia do menor e, opcionalmente, estes mesmos datos do outro proxenitor.
Despois indicaranse os datos do menor.
No apartado "Meses completos que o menor estivo na gardaría ou centro de educación infantil", maraca S (Si) ou N (Non), tendo en conta, que só se introducirá S (Si) no caso de que o menor estivese o mes completo.
A continuáción, haberá que consignar o importe total satisfeito incluíndo gastos de preinscrición, matrícula, asistencia en horario xeral e ampliado e alimentación e o importe subvencionado. En ningún caso incluiranse nestes campos as cantidades satisfeitas pola empresa ou empregador da nai, pai, titor ou acolledor do menor.
Por último, deberás indicar no campo "Autorización do centro ", a autorización expedida pola administración competente, así como o nome da Comunidade Autónoma ou do Organismo Autorizado e, opcionalmente, a data de finalización da autorización.
Para continuar incorporando rexistros de declarados, pulsa o botón "Engadir". Poderás comprobar que os datos se irán cargando no cadro "Contido" do apartado de importación de ficheiros, situado na parte inferior.
Se ao "Engadir" ou ao "Presentar" detéctanse erros nos datos consignados, mostrarase a súa descrición no cadro "Erros detectados", canda as ligazóns aos campos que debe revisar ou corrixir.
Importación Ficheiros
A outra alternativa para incorporar declarados é importar un ficheiro con formato CSV separado por ";" cos datos axustados ao deseño de rexistro publicado para o modelo 233. Pulsa o botón "Examinar" e localiza o ficheiro que contén os datos da túa declaración.
Ten en conta que, se introduciches os rexistros de forma manual mediante a opción "Rexistro do declarado "e importas despois un ficheiro, perderás os datos xa incorporados e só quedarán os rexistros do ficheiro. Pola contra, despois de importar un ficheiro, si podes engadir rexistros manualmente para agregaros.
Se aparecen mal codificados algúns caracteres fai clic en "pulse aquí" para solucionaro.
Unha vez cumprimentados todos os rexistros correspondentes ou importados o ficheiro, pulsa o botón "Presentar".
No seguinte paso, "Asinar e enviar Solicitude", revisa os datos e fai clic en "Asinar e Enviar".
Mostrarase unha nova xanela cos datos codificados da declaración. Marca "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Se a presentación é correcta, o sistema mostrará o seguinte aviso "Proceso realizado correctamente" canda os datos da presentación (data e hora, código CSV e NIF do presentador).