Como importar unha copia válida do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónImportar dun certificado electrónico a tarxeta
Un certificado electrónico non se pode importar directamente desde o navegador a unha tarxeta criptográfica. Para levar a cabo esta operación cómpre dispor dun software específico facilitado pola entiadad certificadora e ademais, exportar o certificado a un dispositivo portátil ou unidade de almacenaxe USB ou a unha situación do disco duro.
Unha vez realizada a copia de seguridade e no caso de que o certificado de usuario fose expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT ), segue as instrucións que se detallan a continuación:
-
Accede a "Inicio" (esquina inferior esquerda) e selecciona "Programas", "FNMT -RCM", "Tarxeta", "Importador de Certificados".
-
Pulsa "Seguinte" na xanela de inicio do asistente de importación de certificados.
-
Co botón "Examinar" busca a ruta onde se encontra o certificado que exportaches previamente. Selecciona o ficheiro e pulsa "Abrir".
-
De novo na xanela onde este situado o botón "Examinar" pulsa "Seguinte".
-
En caso de establecer un contrasinal de seguridade no proceso de exportación, escribea e pulsa "Finalizar".
-
Aparecerá unha xanela de advertencia coa mensaxe "detectouse a importación dun certificado con claves privadas asociadas. Desexa que o proceso se realice sobre a Tarxeta Ceres?". Acepta a mensaxe pulsando "Si".
-
Na xanela "Verificación de PIN" deberás introducir o PIN da tarxeta e despois "Aceptar".
-
Se a importación se realizou con éxito, mostrarase a mensaxe "A importación do certificado á tarxeta Ceres realizouse correctamente".