Como importar unha copia válida do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónLinux - Importar copia do certificado no Mozilla Firefox
Para importar un certificado no Firefox cómpre que a copia se realizase con contrasinal, tendo en conta que para instalaro neste navegador é obrigatorio introducir o "contrasinal de apoio".
Accede a "Editar", "Preferencias".
Dentro de "Privacidade e seguridade", "Seguridade", "Certificados", pulsa "Ver certificados".
Na pestana "Os seus certificados" fai clic en "Importar..."
A extensión dunha copia válida dun certificado electrónico é.pfx ou.p12. Seleccionaa desde a situación en que estea gardada e pulsa o botón "Abrir".
É posible que o navegador solicite introducir o contrasinal mestra (é o contrasinal do almacén de certificados do navegador Mozilla Firefox e por defecto vén sen establecer). Se non hai ningunha establecida pode deixarse en branco. Se non aparece ningún mensaxe sobre o contrasinal mestra segue adiante.
Unha nova xanela solicitará o contrasinal que se estableceu para cifrar a copia de apoio. Unha vez indicada pulsa "Aceptar".
Se todo é correcto aparecerá a mensaxe "restauráronse satisfactoriamente seu (s) certifcado(s) de seguridade e clave (s) privada (s)."
O certificado aparecerá na pestana "Os seus certificados". Comproba o nome do certificado e a data de caducidade.