Como importar unha copia válida do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónWindows - Importar copia do certificado no google Chrome
Para importar un certificado electrónico ao navegador cómpre dispor dunha copia válida do mesmo. A icona dunha copia válida será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave, e a extensión.pfx ou.p12. Se non é visible a extensión, fai clic co botón dereito do rato sobre a icona do certificado e accede a "Propiedades".
No google Chrome accede ao menú "Personaliza e controla Google Chrome", ao final da barra de enderezos identificada coa icona de tres puntos verticais e entra en "Configuración".
Pulsa sobre "Privacidade e seguridade" na marxe esquerda, despois entra en "Seguridade" e pulsa "Xestionar certificados" na parte inferior.
Na parte superior esquerda, selecciona Os teus certificados e, a continuación, Xestionar certificados importados desde Windows.
Pulsa o botón "Importar" na pestana "Persoal".
A continuación ábrese o "Asistente de importación". Pulsa "Seguinte".
Fai click en "Examinar" para ir á ruta onde se gardase a copia do seu certificado.
Selecciona o arquivo.pfx ou.p12 e pulsa "Abrir". É importante escoller no desdobrable o tipo de ficheiro "Intercambio de información persoal" para poder localizar a copia. Fai click en "Seguinte" outra vez.
Se a copia se fixo con contrasinal debe introducira (se non lle pide ningunha pode deixara en branco) e é moi importante marcar tamén o recadro "Marcar esta clave como exportable..." para que, en caso de necesitar obter unha copia de seguridade do certificado poidas exportar a clave privada. Pulsa de novo "Seguinte".
Comproba que a opción "Seleccionar automaticamente o almacén de certificados..." está marcada. Pulsa de novo "Seguinte" e, por último, "Finalizar".
Se a importación foi correcta aparecerá a mensaxe "A importación realizouse con éxito" ou "A importacion completouse correctamente" segundo a versión do navegador e cando o navegador solicite identificación, o certificado aparecerá na xanela de selección para a autenticación ou sinatura.
Se a copia do certificado non fóra válida (a icona é un certificado verde e non hai ningunha chave; a extensión do arquivo é.cer) é porque ao exportaro non se marcou o recadro "Exportar a clave privada", que é a información persoal que o certificado contén e sen a cal non é posible asinar. Se a copia non é válida instalarase na pestana "Outra persoas" en lugar de facero na pestana "Persoal" e non sería válido para acceder aos trámites da páxina web da AEAT.
Se os certificados non permiten traballar con normalidade tampouco será posible realizar unha copia correcta ou solicitar a súa renovación a través de Internet. Se non dispós dunha copia válida terás que solicitar un novo certificado.