Mensaxes específicas de erro
Saltar índice da informaciónErro ao iniciar o almacén NSS unificado do Mozilla Firefox en Mac
Para sistemas operativos Mac 10.7.5 ou superior co Mozilla Firefox, podes revisar a seguinte axuda para intentar solucionar o erro:
- Firefox debe estar instalado na ruta predeterminada para o sistema, Macintosh HD/Applications/Firefox.app.
- Desde "Firefox", na esquina superior esquerda, selecciona "Saír do Firefox ". Non deben quedar xanelas abertas no dock do Mac OS X.
- En "Finder", "Aplicacións", "Firefox.app" pulsa con botón dereito e selecciona "Mostrar contido do paquete ". Entra no directorio "Contents", "MacOS" e copia o arquivo "libsoftokn3.dylib".
- Pulsa "Atrás" na xanela para retroceder de novo ao directorio "Contents" e entra en "Resources". Pexa o arquivo "libsoftokn3.dylib" en "Resources". É moi importante comprobar que o arquivo está situado correctamente.
- Tamén pode aparecer este erro se se introduce o contrasinal mestra de forma incorrecta.