Modelo 030
Saltar índice da informaciónAsignación de NIF a menores por xestores administrativos
Os xestores administrativos poderán solicitar NIF de menores a través do servizo dispoñible na Sede Electrónica baseada na Encomenda de Xestión aos Xestores.
Dentro da relación de trámites do modelo 030 accede á ligazón "Asignación de NIF a menores por xestores administrativos".
O presentador terá que identificarse co certificado electrónico autorizado que se corresponda co NIF do colexiado que se comunicou no visado da documentación.
O procedemento para a asignación de NIF consta de 4 pasos:
- Identificación: Introduce os datos identificativos do titor e do menor. Consigna a data de nacemento no formato esixido: día, mes e ano separado por barras (dd/mm/aaaa).
Outro dato que hai que incluír é o NRE xerado no visado da documentación e que se pode localizar na folla resposta da comunicación do visado de documentación.
- Introdución de datos persoais
- Introdución de domicilio fiscal
- Confirmación de datos
Como resposta mostrarase unha páxina coa mensaxe de confirmación da presentación e un documento PDF coa devandita presentación.