Modelo 030
Saltar índice da informaciónProcedemento extraordinario de presentación do Modelo 030 por Internet
Dada a situación actual provocada pola emerxencia sanitaria, tras a declaración do estado de alarma polo RD 463/2020, ademais do procedemento extraordinario habilitado que posibilita a obtención dun NIF K ou L, ou ben un NIF M, sen esixir a comparecencia do interesado nas oficinas da AEAT, creouse un procedemento especial para a presentación do Modelo 030, por calquera outro motivo, de forma non presencial.
Para facilitar a xestión, desenvolveuse un sistema que permite presentar o Modelo 030, para outros motivos que non sexan a solitud de NIF (por exemplo, comunicar cambio de residencia/ domicilio/ cónxuxe e estado civil.entre outras), sen necesidade de que se deba de efectuar a xestión presencialmente e sen necesidade de que haxa que identificarse en Sede con certificado/DNI electrónico ou Cl@ve PIN.Se o titular dispón de certificado/DNI electróncio ou Cl@ve PIN poderá realizar a presentación dende o enlace "Modificación ou presentación".
Así, a presentación do Modelo 030 admitirase no Rexistro Electrónico da Axencia Tributaria no tramite creado ao efecto:"Modelo 030.Procedemento extraordinario de presentación - non presencial"Accesible dende todas as xestións do modelo 030 situadas no recadro azul da marxe dereita.
Para a presentación do Modelo 030 por outros motivos que non sexan a solicitude do NIF, deberanse seguir os seguintes pasos:
- Obtención do Modelo 030 cumplimentado en PDF
- Documentación Adicional escaneada
- Presentación do Modelo 030 en PDF e da documentación adicional necesaria no Rexistro electrónico da Axencia Tributaria utilizando o trámite "Modelo 030.Procedemento extraordinario de presentación - non presencial".
PASO 1.- Obtención do Modelo 030 cumplimentado en PDF
Descarga o modelo 030 en PDF dende o bloque "Contido relacionado" na marxe dereita e, antes de imprimilo, cúmpreo cos datos necesarios por parte do interesado ou o seu representante pulsando "Encher Formulario" situado na parte superior.Encheranse os campos de apelidos e nome e os seguintes apartados do modelo 030 que corresponda en función das causas de presentación:
- Causas de presentación: serán unha ou varias das existentes e cumpriranse os apartados que conteñan os datos que se queiran completar ou modificar respecto dos datos que consten no censo:
- Datos identificativos do interesado;
- Datos identificativos do cónxuxe, se é o caso;
- Datos de teléfonos e enderezos electrónicos para recibir avisos da AEAT;
- Consignación de domicilio fiscal;
- Consignación de domicilio no estranxeiro;
- Consignación do domicilio para os efectos de notificacións (sempre sería en España e é opcional);
- Representante;
- Estado civil;
- Data e firma da declaración (obrigatoria, polo titular/res ou o seu representante).
Unha vez cumplimentado o Modelo 030, imprimido e asinado polo titular ou o seu representante escanearase e gardará en formato PDF para a súa remisión por Rexistro electrónico, seguindo as pautas establecidas no PASO 3.
Para as dúbidas que poidan xurdir, pódese utilizar o servizo de axuda para a cumprimentación dos modelos censais, no teléfono (+34) 901 335 533 (accesible tamén a través do (+34) 91 554 87 70).Trátase dun servizo de Información Tributaria Básica.
PASO 2.- Documentación Adicional escaneada
Débese consultar, obter e, no seu caso, escanear a documentación que debe acompañar ao Modelo 030 de persoa física antes de dar o seguinte paso.
Pódese consultar a documentación que é necesario achegar no enlace "Documentación complementaria necesaria na presentación do modelo 030" situado no bloque "Contido relacionado" na marxe dereita, ou navegando pola web en "Censos, NIF e domicilio fiscal" dentro do apartado "Información e xestións, As declaracións censais.Modelo 030", "Información".
PASO 3.- Presentación do Modelo 030 e da documentación adicional necesaria no Rexistro electrónico da Axencia Tributaria
Na relación de todas as xestións do modelo 030 situado na marxe dereita con recadro azul, fai clic en "Modelo 030.Procedemento extraordinario de presentación - non presencial".
O presentador da solicitude, persoa física, deberá de dispoñer dun NIF dado de alta no Censo de Obrigados Tributarios e identificarse utilizando o seu NIF + un dato que será:
- Se se introduce un DNI - A data de validez do documento DNI ou a data de expedición se é un DNI permanente
- Se se introduce un NIE - O número de soporte do documento que acredita o NIE
- Se se introduce un NIF K, L ou M- La data de nacemento que consta na base de datos da AEAT
Unha vez identificado, no trámite de rexistro telemático, deberás cumprir o campo "Asunto" co texto:Presentación Modelo 030.No tipo de presentación selecciona "En nome propio" ou "En representación de terceiros" segundo corresponda.
A continuación, o presentador deberá consignar, con carácter obrigatorio un teléfono de contacto e, adicionalmente, un correo electrónico.
No apartado "Documentación que se anexa" selecciona como tipo de documento "200- Otros documentos" e fai clic no enlace "Engadir ficheiros" para seleccionar o ficheiro coa documentación que debes presentar.No enlace "Axuda" poderás comprobar o listado de formatos admitidos para a presentación de arquivos deste trámite, sendo o tamaño máximo permitido para cada ficheiro 64 MB.
Debes incorporar o Modelo 030 en PDF e a documentación adicional identificando o contido de cada ficheiro (por exemplo:Modelo 030;certificado de residencia fiscal:documento representación, entre outros).
Podes seleccionar ou arrastrar o ficheiro.É preferible que o nome do ficheiro non teña signos de puntuación e estea gardado no disco local, dentro da carpeta "AEAT".
O ficheiro engadido aparecerá no apartado "Documentación que se anexa".
Cando remates de anexar os ficheiros pulsa "Presentar" na parte inferior.A continuación, visualízanse os datos que se van enviar, se desexas realizar unha modificación pulsa "Volver" e se estás de acordo pulsa "Asinar Enviar".
Na ventá emerxente marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para rematar co proceso de presentación.
Unha vez efectuado este trámite, xérase un expediente electrónico de Registro.
Se comunicaches o teléfono ou o correo electrónico no apartado correspondente do Modelo 030, poderáseche remitir un aviso informándote do Código Seguro de Verificación da carta na que se te informe sobre o resultado da tramitación ou as incidencias xurdidas.
Hai que ter en conta que a non presentación da documentación complementaria necesaria ou a súa presentación de forma incompleta ou inexacta pode motivar o arquivo da petición (artigos 88 e 89 Regulamento de aplicación dos tributos, aprobado polo Real Decreto 1065/2007, do 27 de xullo).
Antes de proceder a comunicar calquera novo dato censal, é recomiendable que accedas á Sede Electrónica cun dos medios de identificación sinalados (NIF+ dato, certificado/DNI electrónico ou Cl@ve PIN) para consultar a información que consta previamente no censo no banner “os MEUS DATOS CENSAIS”. Unha vez consultados os datos identificativos, de domicilio ou de representación que constan nos seus datos censais na base de datos da Axencia Tributaria poderás comunicar novos datos ou modificar os anteriores, ben nas opcións de “Consulta e Modificación de Mis Datos Censales” que existen nese mesmo sitio ou ben presentando o Modelo 030 polas vías arriba sinaladas.