Modelo 030
Saltar índice da informaciónPresentación en papel do modelo 030
A presentación do modelo 030 en papel realizarase persoalmente na Administración ou Delegación da Axencia Tributaria correspondente ao domicilio fiscal do titular ou enviarase por correo postal ás oficinas indicadas. Tamén, telematicamente a través da opción "Procedemento extraordinario presentación do Modelo 030 - non presencial".
Tes dispoñible o modelo en formato PDF para a súa impresión e presentación en papel na ligazón "Descarga do modelo ", dentro do apartado "Información", nas xestións do modelo 030.
As persoas físicas que non realicen actividades empresariais ou profesionais poden utilizar o modelo 030 para:
- solicitar a alta no Censo de obrigados tributarios,
- modificar o domicilio fiscal,
- comunicar, modificar ou dar de baixa un domicilio para os efectos de notificacións distintas do domicilio fiscal,
- solicitar o NIF por persoa física que non dispón de DNI /NIE ,
- comunicar a modificación de datos identificativos,
- comunicar o cambio de estado civil,
- solicitar unha nova tarxeta acreditativa do NIF
- alta, modificación e baixa de telefóno e correo electrónico para recibir avisos da AEAT
Non obstante, de forma excepcional, as persoas físicas que realicen actividades empresariais ou profesionais ou que satisfagan rendementos suxeitos a retención ou ingresos a conta poderán utilizar o modelo 030, exclusivamente para comunicar o cambio de estado civil, a modificación de datos identificativos e para solicitar etiquetas identificativas. Neste caso, o cambio de domicilio realízase coa declaración censual no modelo 036 ou 037.
Na páxina web encóntranse publicadas as instrucións de formalización do modelo 030 por se existen dúbidas sobre os datos que deben incluírse na declaración .
Para visualizar e imprimir o formulario do modelo 030 en PDF cómpre que se dispoña dun visor PDF compatible instalado no equipo ou integrado no navegador de Internet.
Pulsa o botón "Iniciar Formulario", situado na parte superior e, a continuación, "Encher Formulario" para cubriro. Unha vez cumprimentado, imprimeo. Se necesitas cubrir outra declaración, pulsa de novo "Iniciar Formulario", situado na parte superior. Xerarase un novo código de barras. Pulsa "Encher Formulario"