Modelo 211
Saltar índice da informaciónFormulario do modelo 211 para presentación en papel
Cobre todos os datos necesarios na pestana "Autoliquidación" (os datos marcados cun asterisco son de formalización obrigatoria).
No caso de que existan varios adquirentes ou transmitentes poderás acceder ás pestanas do formulario "Relación Adquirentes" e "Relación Transmitentes" para a súa formalización.

Nas pestanas de adquirentes e transmitentes poderás xestionar os distintos rexistros: crearos, eliminaros, seleccionaros, etc.

Na parte inferior encontrarás o índice de apartados e a botonera coas diferentes funionalidades do formulario.

A opción Gardar permite salvar os datos en nun ficheiro con extensión SES (dat-211-NIF -data e a extensión.ses), para recuperaros nunha sesión posterior co botón Cargar.

Podes Importar un ficheiro da declaración con formato BOE, exportado desde a xanela Formalizar ingreso / devolución do mesmo formulario ou xerado cun programa externo.

Pulsa Validar declaración para comprobar se existen avisos ou erros de formalización que debas revisar ou corrixir. O botón ir ao erro dirixirache directamente ao apartado ou ao campo que debes revisar e corrixir.

Se non se detectan erros, poderás presentar a declaración pulsando Seleccionar ingreso / Devolución para obter o PDF que che permita a presentación en papel.

Selecciona o tipo de declaración, no caso de que o resultado da declaración supoña un ingreso, de forma optativa, podes consignar o IBAN da conta bancaria en que se vas a efectuar o cargo, aínda que se vas realizar o pagamento en metálico ou solicitar adiamento non se cobre. Desde esta mesma xanela podes obter un ficheiro con formato BOE pulsando o botón "Exportar". Por último pulsa "Xerar predeclaración" para obter o PDF.

Revisa os avisos e pulsa "Continuar".

Xeraranse 3 exemplares da declaración: para o adquirente, a Entidade Colaboradora e o transmitente non residente. Despois de imprimir o PDF debes escribir a man o NIF no Documento de Ingreso ou Devolución e asinaro para proceder á súa presentación onde corresponda, en función do tipo de declaración seleccionada. Desde a xanela de xeración do PDF pulsa "Vostede pode facer clic aquí para descargar o PDF" se desexas gardaro no teu equipo ou "Nova declaración" para dar de alta unha nova declaración.
