Modelo 226
Saltar índice da informaciónModelo 226. Apoderamento entre cónxuxes
O titular que se identifique co seu certificado/ DNI electrónico para presentar o modelo 226 en modalidade conxunta debe ser previamente apoderado polo cónxuxe para para presentar a declaración.
O outorgamento do poder realízase desde a xestión "Apoderamento entre cónxuxes para a presentación de solicitudes conxuntas de aplicación do réxime opcional". Admite identificación con certificado/ DNI electrónico e tamén con Cl@ve PIN.
Introduce o NIF do apoderado (a persoa á que autorizas a presentar o modelo 226 conxunto) e indica a data de fin da autorización.
Nota: Se se deixa en branco o campo "Data fin autorización", o apoderamento será efectivo durante 5 anos.
A continuación, marca o recadro de autorización para o tratamento de datos persoais para os efectos dos trámites obxecto da representación e pulsa "Asinar Enviar".
Marca o recadro "Conforme" e pulsa "Fimar e enviar".
Obterás o xustificante co NIF do mandante, o NIF do apoderado, o trámite obxecto de apoderamento e o número de referencia.
Tras facerse efectivo o apoderamento, poderase presentar o modelo 226 en modalidade conxunta, incluíndo os datos do cónxuxe e marcando as opcións correspondentes para esta opción de tributación.