Modelo 318 - Axuda técnica
A presentación telemática do modelo 318 realízase a través dun formulario que se cumpre en liña e se envía directamente.
Para acceder podes identificarte con certificado electrónico ou Cl@ve PIN, en caso de que o declarante sexa persoa física.Ademais do propio titular da declaración, tamén pode presentala un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
Tras identificarte, accederás ao formulario.Cumpre os datos identificativos e consigna o resto de datos necesarios.
No caso de que presentes a declaración co fin de incluír datos que non se indicasen nunha declaración anterior correspondente ao mesmo exercicio ou que se tivesen declarado incorrectamente, marca a casa "Declaración complementaria".
Se desexas anular e substituír a declaración presentada anteriormente por conter datos erróneos, marca a casa "Declaración substitutiva".En calquera dos casos, deberás cumprir o número de xustificante de 13 díxitos correspondente á declaración anterior.
Dende a botoeira inferior podes acceder ás funcións para validar a declaración, gardar e cargar datos, exportar e importar declaracións e presentar a declaración.
Antes de presentar a declaración, é conveniente comprobar se existen avisos ou erros dende o botón "Validar declaración".Na parte superior da botoeira, mostrarase unha pestana cos erros e avisos detectados.Pulsa "Ir ao aviso" ou "Ir ao erro" para acceder ao apartado a revisar ou corrixir.
Recorda que os avisos son informativos e non impiden a presentación.En cambio, os erros deben ser corrixidos para poder presentar a declaración.
Podes gardar os datos introducidos en calquera momento, aínda que existan erros ou non se completase a declaración, pulsando sobre o botón "Gardar".Descargarase un ficheiro con extensión.ses que poderás gardar en local, no teu equipo ou nun dispositivo externo.Para recuperar posteriormente os datos, deberás acceder á declaración e pulsar sobre o botón "Cargar" para recuperar o ficheiro.ses que gardaches anteriormente.
Se non existen erros, é posible "Exportar" un ficheiro coa declaración en formato BOE, (coa extensión .318), válido para a súa presentación.
Co botón "Importar", poderás incorporar un ficheiro da declaración en formato BOE que se exportase previamente dende o mesmo formulario ou xerase dende un programa externo, seguindo as especificacións do deseño de rexistro publicado en "Deseños de rexistro".
Unha vez que a declaración estea completa e validada sen erros, pulsa "Asinar e Enviar" para realizar a presentación.
Marca "Conforme" e "Asinar e Enviar".
A declaración quedará presentada e obterás o xustificante da presentación co CSV asignado e a copia completa da declaración.