Modelo 368 - Axuda técnica
Saltar índice da informaciónPresentación electrónica modelo 368 por ficheiro
Para a presentación electrónica do modelo 368 mediante ficheiro, cómpre dispor dun ficheiro coa declaración que se vai a transmitir, cos datos axustados ao deseño de rexistro correspondente. O ficheiro XML conterá os datos referidos a unha única declaración dun contribuínte para un determinado período.
En "Contido relacionado" está dispoñible o esquema que debe seguir o ficheiro XML, a descrición dos datos que debe incluír o ficheiro, así como un ficheiro de exemplo.
A presentación deste modelo require identificación con certificado ou DNI electrónico, xa sexa do empresario ou profesional, dos seus representantes apoderados a realizar o trámite ou de colaboradores sociais.
Unha vez identificado, aparecerá unha xanela de "Avisos" de lectura recomendada. Na parte inferior pulsa "Ler declaración" para elixir o ficheiro que hai que cargar.
É recomendable que o ficheiro se encontre no disco local nunha carpeta chamada "AEAT". Unha vez seleccionado o ficheiro, pulsa "Abrir".
Mostrarase un resumo da declaración cos datos do solicitante, o resultado e o tipo de declaración.
-
Se a declaración pertence ao Réxime da Unión mostrarase esta xanela:
En "Tipo de declaración", selecciona unha das tres opcións. Se se indica ingreso total ou parcial da débeda, cumprirá obter un NRC como xustificante do pagamento do ingreso. Este dato poderá estar incluído no ficheiro.xml. Se o NRC non está incluído no ficheiro, podes utilizar o botón "Realizar pagamento (obter NRC )" para conectar coa pasarela de pagamentos da AEAT e obtero nese momento. Se xa dispós dun ficheiro co NRC, pulsa "Ler NRC de ficheiro" e selecciona o arquivo que contén o NRC, por exemplo "nrc.txt", gardado na carpeta "AEAT".
-
Se a declaración pertence ao Réxime exterior da Unión, mostrarase esta xanela:
Se o resultado é positivo, deberás facer o ingreso mediante transferencia bancaria.
No caso de que existan erros que se deban corrixir e impidan a presentación, mostrarase a pestana "Erros", coa descrición do erro.
Se non contén erros, pulsa o botón "Asinar e enviar" para iniciar a presentación.
Marca o recadro "Conforme" para confirmar a presentación da declaración e pulsa "Asinar e enviar".
Se todo é correcto, abrirase unha folla de resposta como xustificante da declaración, cun número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación de 16 caracteres, número de xustificante, data e hora de presentación e datos do presentador e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.