Modelo 650
Saltar índice da informaciónIncidencia Erro:"Gardar cambios" non funciona
O modelo 650 permite gardar os datos introducidos sen necesidade de cubrir a declaración por completo.Cando "se Gardan cambios" a primeira vez, solicítase un código que se debe introducir (e recordar) para poder saír e regresar ao formulario recuperando os datos introducidos previamente.
Ten en conta que a clave introducida distingue entre maiúsculas e minúsculas.
En certas ocasións, este botón non funciona con normalidade.Nestes casos, se se está utilzando o navegador Internet Explorer, hai que comprobar que non estea agregada a páxina da AEAT á vista de compatibilidade.
Para comprobalo, accede a "Herramientas", situado na barra de menú (se non ve a barra de menú pulsa a tecla F10 na parte superior do teu teclado) e fai clic en "Configuración de Vista de compatibilidade".
Na nova ventá, elimina a páxina:agenciatributaria.gob.es do apartado "Sitios web que agregou a Vista de compatibilidade".Para iso, debemos marcala e facer clic sobre "Quitar".