Modelo 650
Saltar índice da informaciónIncidencia - No paso "2.Cumprimentación da autoliquidación" non calcula o importe e a casa está bloqueada
Unha vez cumpridos todos os datos e importes do paso "1.Datos previos ás autoliquidacións" ao pulsar "Paso a 2.Cumprimentación das autoliquidacións" para continuar coa introdución de datos na declaración, observamos que o importe da casa "Total a ingresar (Casa 63) está a 0 e a casa está bloqueada.
Para que se autocalcule o importe é necesario pulsar o botón "Simular".
En caso de non visualizar o botón "Simular", hai que ter en conta que, cando se desprega o suxeito pasivo, o botón se despraza tamén ao final da páxina.
Ademais, o botón "Simular" realiza o cálculo sobre os importes de TODOS os suxeitos pasivos que se desen de alta na declaración, non só sobre o que está despregado (en caso de estar a engadir información nese momento).
Se se encontraron erros na cumprimentación, ao pulsar "Simular", activarase o apartado "Erros detectados".O NIF indicará en que suxeito pasivo se encontra o erro.
Unha vez corrixidos os erros, ao pulsar "Simular" aparecerán os importes na casa "Total a ingresar (Casa 63)" de cada suxeito pasivo e haberá que pulsar sobre "Simulación autoliquidación" ou "Simulación Modelo completo" da columna "Visualizaciónes" para que se active o paso á sección 3.