Modelo 681
O modelo 681 pode presentarse unicamente a través de internet polo que se require certificado electrónico ou DNI electrónico.
Ademais do propio titular da declaración tamén pode presentala un terceiro que actúe no seu nome, xa sexa un colaborador social ou un apoderado a realizar o trámite.
Os campos marcados con asterisco son de cumprimentación obrigatoria.
Na parte inferior do formulario encóntranse os botóns dispoñibles no formulario.
Mostrar ou ocultar información sobre erros ou avisos de cumprimentación.
"Borrar declaración" elimina os datos da declaración na que estás a traballar para empezar unha nova.
Co botón "Validar declaración"Comproba se tes avisos ou erros.Mostrarase a relación de erros e avisos detectados, aos que podes acceder para a súa corrección dende o botón "Ir ao Erro" ou "Ir ao Aviso" xunto á descrición do fallo.Recorda que os avisos ofrecen información relevante que é conveniente revisar, pero non impiden a presentación da declaración.En caso de que a declaración conteña erros, estes deben ser corrixidos.
Se non se detecta ningún erro, na descrición informarase de que non hai erros.
Tamén dispós dos botóns "Importar" y "Exportar".Utiliza o botón "Exportar" para gardar a información introducida sempre que a declaración se validase correctamente.O ficheiro gárdase por defecto na carpeta de descargas que o navegador teñas predeterminada, non obstante, poderás elixir a ruta na que desexas gardar o ficheiro en formato BOE que terá por nome o NIF do declarante e a extensión .681.Dende "Importar", poderás recuperar a declaración obtida mediante un programa externo ou con este formulario.Ten en conta que, dende esta opción, se existen datos indicados no formulario, estes se perderán ao importarse o ficheiro.
Utiliza o botón "Formalizar Ingreso/Devolución"Para presentar a declaración unha vez cuberta e validada.
Na ventá emerxente, selecciona o tipo de declaración.Se o resultado é a ingresar, será necesario obter primeiro o NRC e despois presentar a autoliquidación.O NRC é o Número de Referencia Completo, un código de 22 carácteres e que serve como xustificante do pagamento.Dende o propio formulario, no botón "Realizar pagamento (obter NRC)", é posible conectar coa pasarela de pagamentos para xerar automaticamente un NRC cos datos que contén a declaración.
Nesta mesma ventá tamén é posible obter a declaración co formato do deseño lóxico publicado e extensión .681 dende o botón "Exportar".Poderás elixir a ruta na que desexas gardar o ficheiro que terá por nome o NIF do declarante - exercicio - período e a extensión .681.Poderás recuperar a declaración mediante a opción "Importar" en calquera momento se pechas a ventá.
O modelo 681 ten integrada tamén a opción de recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia dende unha conta bancaria aberta nunha Entidade de Crédito NON COLABORADORA, escollendo no despregable "Seleccione o tipo de Declaración", "Recoñecemento de débeda e pagamento por transferencia".
Por último, pulsa "Asinar e Enviar", aparecerá unha ventá coa información da declaración codificada e os datos do presentador e o declarante.Marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para finalizar a presentación.
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de resposta na que apareza o texto "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén a información da presentación (Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador).
Nos casos nos que exista recoñecemento de débeda, na folla resposta de presentación realizada con éxito, mostrarase un enlace para realizar a presentación do aprazamento ou da solicitude de compensación chamado "Tramitar débeda".A continuación aparecerá o detalle da liquidación cos datos do debedor e da clave de liquidación.Deberase escoller entre unha das opcións dispoñibles.
Recorda que para dúbidas en materia tributaria podes contactar co 901 33 55 33 de Información Tributaria ou consultar persoalmente na túa Administración ou Delegación logo de cita.