Renda 2016
Saltar índice da informaciónCarteira de Valores 2016
O programa en liña de "Servizo de Carteira de valores" permite obter un resumo informativo das operacións efectuadas en 2016 relativas a accións con cotización en mercados secundarios oficiais de valores españois (Bolsas de Valores) ou nos definidos na Directiva 2004/39/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004.
Para utilizar esta aplicación cómpre indicar todas as operacións realizadas desde o momento da súa adquisición, cos valores homoxéneos aos transmitidos no exercicio.
Podes acceder ao "Servizo Carteira de Valores" desde os trámites do modelo 100 na Sede Electrónica.
Para comezar a utilizar Carteira de Valores 2016, accede a "Arquivo", "Nova carteira" ou pulsa a icona específica para dar de alta unha carteira da barra de menú. Asigna unha denominación para os efectos de identificación, que será idéntica en cada unha das operacións realizadas con valores homoxéneos.
Unha vez dada de alta unha carteira pulsa "Nova operación" e cobre os datos requiridos. Todas os recadros deben ter contido.
Farase constar a data en que se realizou a operación de que se trate, co formato dd/mm/aaaa, dous caracteres para o día, dous para o mes e catro para o ano.
Unha vez cumprimentados os datos, a través da icona específica da barra de menú, óbténse un resumo informativo útil para calcular as ganancias ou perdas patrimoniais derivadas das operacións realizadas durante o ano 2016. Este resumo mostra os resultados obtidos (valores da transmisión e da adquisición).
O programa permite seleccionar o idioma pulsando "Ver", "Idioma" na barra de ferramentas.
Podes importar os datos de carteiras de valores desde un ficheiro XML que se xerase previamente co programa de calquera exercicio desde 2011 ata 2016. Pulsa a icona do menú ou "Ferramentas", "Importar" e segue as instrucións do asistente ata o final.
Unha vez que terminases de traballar coa carteira de valores é conveniente que exportes os datos das túas carteiras a un ficheiro XML antes de abandonar a sesión. Deste xeito, se posteriormente desexas realizar algunha modificación poderás volveros importar sen ter que introduciros todos a man de novo. Para exportar os datos das túas carteiras de valores pulsa a icona do menú ou "Ferramentas", "Exportar" e segue as instrucións do asistente ata o final.
O programa tamén dispón dun menú de axuda con instrucións sobre a formalización.