Renda 2016
Saltar índice da informaciónPresentación de declaracións de Renda 2016 mediante ficheiro
A declaración de Renda 2016 pode presentarse directamente dende a Sede Electrónica, unha vez que se xere o ficheiro dende o correspondente programa de axuda.Para realizar a presentación telemática, acceda ao enlace "Renda 2016.Presentación de declaracións mediante ficheiro xerado con programa de axuda" na páxina de trámites do modelo 100 na Sede Electrónica.
O acceso require identificación con certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN ou coa referencia obtida mediante o servizo RENØ da campaña actual. Escolle a forma na que vas identificarche.
A continuación, revisa os requisitos para a presentación e pulsa o botón "Ler declaración" para seleccionar o ficheiro xerado co programa.
Ten en conta que o ficheiro externo ha de axustarse ao deseño de rexistro actualizado de 2016 para o modelo 100.
Ao ler o ficheiro, cargarase un resumo da declaración cos datos de identificación, datos económicos e o resultado da declaración.Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento), se non dispón de NRC poderás obtelo neste momento pulsando o botón "Realizar pagamento.Obter NRC"Ou seleccionar outras formas de pagamento como o aprazamento ou recoñecemento da débeda.Para declaracións que supoñan un ingreso non poderás seleccionar, no programa de axuda, o fraccionamento do pagamento en dous prazos, nin a domiciliación bancaria.
Se os datos son correctos, fai clic en "Asinar e Enviar".
A continuación marca"Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para concluír coa presentación.
O resultado dunha presentación correcta será en calquera caso a páxina de resposta na que apareza "A súa presentación foi realizada con éxito" cun PDF incrustado que contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.
Poderás recuperar a copia da declaración presentada se accedes co certificado electrónico do declarante ou Cl@ve PIN ao portal "os meus Expedientes" da Sede Electrónica e consultando a opción "Consultar as súas declaracións presentadas".Tamén podes acceder a "Presentar e consultar declaracións" da Sede Electrónica, "Modelo 100","Consulta de declaracións presentadas".