Renda 2016
Saltar índice da informaciónComo presentar unha rectificación de autoliquidación ou unha declaración complementaria de Renda 2016 se a orixinal non se presentou en Renda WEB
Cando se detecten erros ou omisións nunha declaración xa presentada, será posible solicitar a rectificación da súa autoliquidación ou presentar unha declaración complementaria accedendo novamente ao seu expediente de Renda.Para modificar a declaración permítese o acceso a Renda WEB 2016 con certificado electrónico, DNIe, Cl@ve PIN ou a referencia do expediente de Renda actual.
Acceso ao expediente
Accede á páxina de trámites do modelo 100 na Sede Electrónica a "Modificación dunha declaración xa presentada 2016".
Confirma que a túa declaración está presentada;en "Historia do Expediente" dispón do enlace "Gravación da declaración".Para acceder á modificación, en "Servizos Dispoñibles", podes utilizar tanto o enlace "Modificación de declaración" coma "Borrador/Declaración (Rende WEB)".
O funcionamento xeral de Renda WEB permite recuperar a declaración xa presentada para, dende esta declaración, corrixir ou engadir a información necesaria.Ao acceder, Renda WEB mostra unha ventá coas seguintes opcións:
- "Continuar sesión" para proseguir coa última sesión gardada
- "Nova declaración" para xerar a declaración dende cero
- "Modificar declaración presentada" para traballar coa declaración presentada.
Non obstante, esta opción non aparecerá nos seguintes casos:
- Se a declaración orixinal non foi presentada mediante Renda WEB senón mediante ficheiro, por lotes, nunha plataforma de Renda ou a través do sistema automático de voz.Neste caso terás que utilizar o botón "Continuar sesión" ou iniciar unha nova declaración.
- Se a declaración foi presentada dende unha sesión distinta á que está a utilizar para acceder á modificación, por exemplo se se utilizou a sesión do cónxuxe.Non obstante, poderá traballarse sobre a declaración presentada se se accede a Renda WEB cos datos do contribuínte "propietario" da sesión dende a que se presentou a declaración.Así se recoñecería a declaración presentada e recuperaríanse as declaracións individuais e conxunta que se confeccionaron nesa sesión.
Se non tes dispoñible esta opción de modificación, dende "Continuar sesión", ou mesmo se se inicia unha nova declaración, para acceder á páxina de cumprimentación do tipo de declaración complementaria ou de rectificación da declaración, pulsa o botón "Apartados", no despregable "Datos xerais".
Despois, fai clic en "Declaración complementaria do exercicio 2016.Solicitude de rectificación de autoliquidación en 2016".
A rectificación da autoliquidación poderá realizarse:
- Sempre que a Administración tributaria non practicase liquidación definitiva ou liquidación provisional polo mesmo motivo.
- É necesario que non transcorrese o prazo de catro anos dende o día seguinte á finalización do prazo de presentación, ou dende o día seguinte á presentación da declaración se esta se presentou fóra do devandito prazo.
- Se a declaración foi presentada previamente a través do "Servizo de tramitación borrador / declaración Renda WEB" (non mediante ficheiro).
Ao incluír estes datos aparecerá un aviso no que se informa de que se a declaración se ha de presentar en modalidade conxunta, a introdución destes datos na declaración, debe realizarse tamén dende esta modalidade.
No caso dunha declaración complementaria, marca a casa que corresponda en función da causa que motiva a presentación da declaración complementaria.
Modificación ou inclusión de datos
Para seguir cubrindo a declaración, podes navegar polos distintos apartados dende as frechas dispoñibles ou accedendo a "Apartados".
Por exemplo, se has de incluír atrasos en rendementos do traballo do exercicio 2016 para presentar unha declaración complementaria, accede á páxina correspondente e na casa 001, fai clic na icona do lapis para modificar os datos.
Tras emendar os erros ou omisións da autoliquidación recorda que podes verificar os cambios dende "Resumo de declaracións" e comprobar tamén o resultado da declaración modificada.
Presentación da declaración modificada
A continuación, podes verificar os datos utilizando o botón "Validar" e confirmar se a declaración está correctamente cuberta.Por último, pulsa o botón "Presentar declaración" para finalizar o procedemento.Ten en conta que se accediches mediante referencia e o resultado da declaración complementaria é un ingreso, posto que a domiciliación do pagamento xa non é unha forma de ingreso admitida ao ter finalizado a campaña, terás que obter o NRC xustificante do ingreso contactando antes coa túa Entidade Bancaria, xa que o acceso á pasarela de pagamento só está dispoñible se accedes con certificado electrónico ou Cl@ve PIN.
Se accedes con certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN, o programa facilítache a opción de realizar o ingreso mediante a pasarela de pagamento da AEAT.
Ao acceder de novo ao teu expediente poderás visualizar a declaración orixinal presentada e a rectificación posterior.