Renda 2018
Saltar índice da informaciónServizo tramitación Renda WEB 2018
No servizo de tramitación do borrador ou declaración (Renda WEB) 2018 o contribuínte de calquera tipo de renda, terá acceso aos servizos de Renda que nese momento estean habilitados, ademais dos enlaces a trámites e consultas dese exercicio.O acceso encóntrase nos trámites do modelo 100 na Sede Electrónica.
Fai clic en "Servizo tramitación de borrador/declaración (Renda WEB) 2018" e seleccione o tipo de acceso, con Cl@ve PIN ou número de referencia da campaña acutal indicando o DNI o NIE na casa ou con certificado electrónico, DNIe facendo clic en "Acceda con certificado ou DNI electrónico.
Unha vez que accedas ao expediente, dispoñerás da seguinte información:
O estado de tramitación da declaración.
Os servizos dispoñibles, entre eles a consulta de datos fiscais, datos censuais ou a consulta e presentación do borrador/declaración (Renda WEB).
A historia do expediente onde quedaron gravados todos os estados do expediente e, se xa está presentada, obter unha copia da declaración presentada dende o enlace "Gravación da declaración...".
En "Servizos Dispoñibles" fai clic en "Borrador/Declaración (Rende WEB)";se xa accediches a Renda WEB nalgún outro momento, nunha ventá emerxente informarase da existencia dunha declaración anterior, que podes recuperar dende a opción "Continuar sesión", modificar unha declaración presenta anteriormente dende "Modificar declaración presentada"Ou comezar unha nova tramitación dende "Nova declaración" incorporando novamente os datos fiscais.Tamén poderás escoller a lingua cooficial na que desexas realizar a declaración.
Se é a primeira vez que accedes, mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de declarantes dos compoñentes da unidade familiar.Se contén datos erróneos ou imprecisos ou se omitiu algún dato concreto, antes deberás modificalo.Ten en conta que o estado civil e se ten fillos menores de idade ou incapacitados xudicialmente sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada non poderá ser modificado posteriormente.
No caso de que exista cónxuxe, deberás autorizar o trasaldo de datos fiscais do cónxuxe con referencia ou Cl@ve PIN deste.Se non desexas introducir os datos fiscais do cónxuxe, debes marcar a casa para o cálculo da declaración individual.
Pulsando a icona co símbolo dun lapis podes modificar ou introducir novos membros na unidade familiar.Para borralos, pulsa a icona do aspa.Unha vez cumpridos os datos, na parte inferior, pulsa "Aceptar".
Tras aceptar a pantalla de datos identificativos, se a aplicación detecta que se deben trasladar á declaración datos fiscais adicionais, segue as instrucións das seguintes ventás para incorporar esta información.Se non necesitas incorporar información adicional para xerar a declaración, accederás directamente ao resumo de resultados dende onde poderás comprobar cal é o resultado da declaración para cada modalidade e completar a declaración, se fose necesario.
Na parte superior dispós dun menú adicional dende o que podes visualizar os datos fiscais imputados para cada declarante e descargar un PDF coa vista previa da declaración de cada declarante ou conxunta.Ten en conta que para poder visualizar os documentos en formato PDF é necesario ter instalado no teu equipo un visor de ficheiros PDF.
Dende "Ver datos trasladados" poderás comprobar cales son os datos que se incorporaron na declaración, os non incorporados e as notas da incorporación.
Tamén dispós de vídeos explicativos e, na icona da interrogación, o acceso ao manual de axuda para a presentación da declaración de Renda.
Dende o "Resumo de declaracións" tamén poderás gardar a declaración mediante a opción "Gardar" e ver os seus datos persoais dende "Datos persoais".Pulsando o botón "Continuar coa declaración", poderás acceder ás distintas páxinas da declaración para comprobar todos os datos e seguir completando a declaración.
No botón "Apartados" poderás acceder ás distintas seccións da declaración e mediante os comandos con frechas moverte entre as páxinas.Antes de presentar a declaración comproba se tes erros na cumprimentación pulsando o botón "Validar".Se necesitas ir a unha casa concreta ou a un concepto da declaración fai clic na icona da lupa.
Dende esta mesma ventá puedez acceder ao resumo de resultados ou "Presentar declaración" para finalizar a tramitación da declaración.
Selecciona como desexas presentar a declaración, individual ou conxunta.
Se a declaración ten como resultado unha devolución só terás que indicar o código IBAN, pero se a declaración ten como resultado un ingreso e desexas aboar o importe na túa entidade financeira, fai clic en "Documento para ingresar en Banco/Caixa" deste modo quedará presentada por internet pero pendente de ingreso, co que será necesario que acuadas a unha entidade financeira co documento de ingreso para realizar o pagamento.
Se marcas "A ingresar" podes obter o NRC mediante coargo en conta ou mediante tarxeta ou incluír un NRC xa obtido directamente no banco cumplimentándoo na casa correspondente.Tamén pode seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda con imposibilidade de pagamento ou solicitude de aprazamento entre outros.
Por último, pulsa "Aceptar" para realizar a presentación telemática;a continuación marca a casa "Conforme" e fai clic en "Asinar e enviar" para rematar co proceso de presentación.