Renda 2018
Saltar índice da informaciónServizo tramitación Renda WEB 2018 con apoderamento
Os que dispoñan dos apoderamentos xerais e específicos relacionados co modelo 100 (100P ou GENERALLEY58), poderán utilizar o servizo Renda WEB para acceder aos expedientes de Renda dos seus mandantes.
Podes consultar o listado de apoderamentos dende a opción "Catálogo de trámites habilitados para o apoderamento" dispoñible na sección "Rexistro de apoderamentos" de "Colaboradores".
Fai clic en "Servizo tramitación de borrador/declaración (Renda WEB) 2018 con apoderamento" e identifícate co teu certificado electrónico ou co sistema Cl@ve PIN.
Indica a continuación o NIF o NIE do mandante.
Unha vez que accedas ao expediente, dispoñerás da seguinte información:
O estado de tramitación da declaración.
Os servizos dispoñibles, entre eles a consulta de datos fiscais, datos censuais ou a consulta e presentación do borrador/declaración (Renda WEB).
A historia do expediente onde quedaron gravados todos os estados do expediente e, se xa está presentada, obter unha copia da declaración presentada dende o enlace "Gravación da declaración...".
En "Servizos Dispoñibles" fai clic en "Borrador/Declaración (Rende WEB)";se xa accediches a Renda WEB nalgún outro momento, nunha ventá emerxente informarase da existencia dunha declaración anterior, que podes recuperar dende a opción "Continuar sesión", modificar unha declaración presenta anteriormente dende "Modificar declaración presentada"Ou comezar unha nova tramitación dende "Nova declaración" incorporando novamente os datos fiscais.Tamén poderás escoller a lingua cooficial na que desexas realizar a declaración.
Se é a primeira vez que accedes, mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de declarantes dos compoñentes da unidade familiar.Se contén datos erróneos ou imprecisos ou se omitiu algún dato concreto, antes deberás modificalo.Ten en conta que o estado civil e se ten fillos menores de idade ou incapacitados xudicialmente sometidos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada non poderá ser modificado posteriormente.
No caso de que exista cónxuxe, deberás autorizar o trasaldo de datos fiscais do cónxuxe con referencia ou Cl@ve PIN deste.Se non desexas introducir os datos fiscais do cónxuxe, debes marcar a casa para o cálculo da declaración individual.
Pulsando a icona co símbolo dun lapis podes modificar ou introducir novos membros na unidade familiar.Para borralos, pulsa a icona do aspa.Unha vez cumpridos os datos na parte inferior pulsa "Aceptar".
Tras aceptar a pantalla de datos identificativos, se a aplicación detecta que se deben trasladar á declaración datos fiscais adicionais, segue as instrucións das seguintes ventás para incorporar esta información.Se non necesitas incorporar información adicional para xerar a declaración, accederás directamente ao resumo de resultados dende onde poderás comprobar cal é o resultado da declaración para cada modalidade e completar a declaración, se fose necesario.
Na parte superior dispós dun menú adicional dende o que podes visualizar os datos fiscais imputados para cada declarante e descargar un PDF coa vista previa da declaración de cada declarante ou conxunta.Ten en conta que para poder visualizar os documentos en formato PDF é necesario ter instalado no teu equipo un visor de ficheiros PDF.
Dende "Ver datos trasladados" poderás comprobar cales son os datos que se incorporaron na declaración, os non incorporados e as notas da incorporación.
Tamén dispós de vídeos explicativos e, na icona da interrogación, o acceso ao manual de axuda para a presentación da declaración de Renda.
Dende o "Resumo de declaracións" tamén poderás gardar a declaración mediante a opción "Gardar" e ver os datos persoais dende "Datos persoais".Pulsando o botón "Continuar coa declaración", poderás acceder ás distintas páxinas da declaración para comprobar todos os datos e seguir completando a declaración.
No botón "Apartados" poderás acceder ás distintas seccións da declaración e mediante os comandos con frechas moverte entre as páxinas.Antes de presentar a declaración comproba se tes erros na cumprimentación pulsando o botón "Validar".Se necesitas ir a unha casa concreta ou a un concepto da declaración fai clic na icona da lupa.
Dende esta mesma ventá podes acceder ao resumo de resultados ou "Presentar declaración" para finalizar a tramitación da declaración.
Selecciona como desexas presentar a declaración, individual ou conxunta.
Se a declaración ten como resultado unha devolución só terás que indicar o código IBAN, pero se a declaración ten como resultado un ingreso e desexas aboar o importe na túa entidade financeira, fai clic en "Documento para ingresar en Banco/Caixa" deste modo quedará presentada por internet pero pendente de ingreso, co que será necesario que acuadas a unha entidade financeira co documento de ingreso para realizar o pagamento.
Se marcas "A ingresar" deberás obter o NRC e cumplimentalo na casa correspondente ou seleccionar outras formas de pagamento como o recoñecemento de débeda con imposibilidade de pagamento ou solicitude de aprazamento entre outros.Ten en conta que se selecionas "Cargo en conta" será necesario que dispoñas do correspondente apoderamento.
Por último, pulsa "Aceptar" para realizar a presentación telemática, a continuación marca a casa "Conforme" e fai clic en "Asinar e enviar" para rematar co proceso de presentación.