Renda 2018
Saltar índice da informaciónPresentación Renda 2018 mediante ficheiro
A declaración de Renda 2018 pode presentarse directamente cun ficheiro, xerado previamente dende un programa de axuda externo.O acceso está dispoñible na páxina de trámites do modelo 100 (2018) na Sede Electrónica, dende o enlace "Renda 2018.Presentación de declaracións mediante ficheiro xerado con programa de axuda".
O acceso require identificación con certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve PIN ou coa referencia obtida mediante o servizo RENØ da campaña actual.Escolle a forma na que vas identificarche.
A continuación, revisa os requisitos para a presentación e pulsa o botón "Ler declaración" para seleccionar o ficheiro xerado co programa.
Ten en conta que o ficheiro da declaración ha de axustarse ao deseño de rexistro publicado para o modelo 100 correspondente ao exercicio 2018.
Ao ler o ficheiro, cargarase un resumo da declaración cos datos de identificación, datos económicos e o resultado da declaración.Se o resultado é un ingreso deberás incluír o NRC (xustificante do pagamento), ou obtelo neste momento pulsando o botón "Realizar pagamento.Obter NRC".Podes tamén seleccionar outras formas de pagamento.
Se os datos son correctos, fai clic en "Asinar e Enviar".
A continuación, marca"Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para concluír coa presentación.
O resultado dunha presentación correcta será unha páxina de resposta coa mensaxe "A súa presentación foi realizada con éxito".O PDF incrustado contén unha primeira folla coa información da presentación (número de entrada de rexistro, Código Seguro de Verificación, número de xustificante, día e hora de presentación e datos do presentador) e, nas páxinas posteriores, a copia completa da declaración.
Poderás recuperar a copia da declaración presentada se accedes co certificado electrónico do declarante ou Cl@ve PIN ao portal "Os meus Expedientes" da Sede Electrónica ou dende a opción "Consulta de declaracións presentadas" dentro da relación de trámites do modelo 100, seleccionando o exercicio 2018.