Servizo Renda WEB mediante apoderamento
Se dispós do apoderamento xeral ou específico relacionado co modelo 100 (GENERALLEY58 ou 100P), poderás utilizar o servizo Renda WEB para tramitar a declaración dos teus representados desde a opción "Servizo tramitación de borrador / declaración (Renda DIRECTA e Renda WEB)" que encontrarás no bloque "IRPF", "Xestións destacadas" ou desde os trámites do modelo 100.
A continuación, identificache con Cl@ve Móbil ou selecciona a túa sinatura dixital (certificado ou DNIE ).

Despois, se accedes como apoderado, selecciona "Actuar como representante de" e indica os datos do representado para o que vas actuar e pulsa "Confirmar".

Unha vez no expediente do contribuínte, pulsa sobre a ligazón "Servizo tramitación de borrador/declaración (Renda WEB)" do apartado "Servizos Dispoñibles" para acceder á declaración.

Se xa accediches a Renda WEB nalgún outro momento, nunha xanela emerxente informarase da existencia dunha declaración anterior, que podes recuperar desde a opción "Continuar sesión", modificar unha declaración presentada anteriormente desde "Modificar declaración presentada" ou comezar unha nova tramitación desde "Nova declaración", incorporando novamente os datos fiscais. Tamén poderás escoller a lingua cooficial en que desexas realizar a declaración.

Se é a primeira vez que accedes, mostraranse na primeira pantalla, os datos identificativos do declarante e do resto de compoñentes da unidade familiar. Se contén datos erróneos ou imprecisos ou omitiuse algún dato concreto, deberás modificaro antes de continuar. Ten en conta que os datos identificativos non se poderán modificar posteriormente, agás xerando unha nova declaración.
No caso de que exista cónxuxe, deberás autorizar o traslado de datos fiscais do cónxuxe co número de referencia ou Cl@ve. Se non desexas introducir os datos fiscais do cónxuxe, marca o recadro para o cálculo da declaración individual.

Está permitido o acceso cos datos do cónxuxe mediante apoderamento (100P) que exime da necesidade de dar autorización nesta pantalla mediante a referencia ou Cl@ve Móbil do cónxuxe ou os fillos que percibisen rendas. Nestes casos, é posible continuar pulsando "Aceptar" na parte inferior da xanela de datos identificativos sen necesidade de pulsar o botón "Referencia/Cl@ve Móbil". Non obstante, se se dispón de apoderamento, ao pulsar no botón "Referencia/Cl@ve Móbil", automaticamente cambia a "Autorizado", sen pasar polo proceso de autenticación. En ambos os dous casos trasládanse os datos do cónxuxe ou fillos que perciban rendas á declaración. O apoderamento tamén exime da necesidade de indicar a referencia ou Cl@ve do cónxuxe ou fillos que perciben rendas no momento da presentación.
